O Fluvial volve vencer na Copa Deputación

O conxunto da capital estendeu o seu dominio á regata disputada este sábado en Cervo, seguido polo Cidade de Lugo e o Altruán de Ribadeo
undefined
photo_camera A terceira regata congregou a moitos palistas e afeccionados. X.L

O Club Fuvial de Lugo estende o seu dominio na Liga Provincial Copa Deputación 2022. O equipo da capital amurallada tamén se impuxo na terceira regata da competición, que se celebrou na mañá de este sábado no embalse cervense de Río Covo.

O Fluvial sumou un total de 3.345 puntos, case 1.000 máis que o segundo clasificado, que volveu ser o Cidade de Lugo, con 2.636 puntos. Completou o podio por equipos o Altruán de Ribadeo, que acadou 1.923 puntos. Cuarto foi o Viveiro-Hotel Urban, con 1.396, e xa con menos de 1.000 remataron os dous últimos clasificados na proba cervense. Quinto foi o organizador, o Club Deportivo San Ciprián, que sumou 970 puntos, e sexto o Club Kayak Foz, con 435.

No tocante as medallas, o Fluvial, con 11 ouros, 11 pratas e 5 bronces, foi tamén o dominador, levándose de Cervo un botín de 27 metais. Aquí si que houbo un cambio na clasificación con respecto á de puntos, xa que o segundo foi o Altruán, con 15, das que 5 foron de ouro, 4 de prata e 6 de bronce. Terceiro foi o Cidade de Lugo con 4 ouros, 3 pratas e 5 bronces para un total de 12 medallas.

CAMPIÓNS INDIVIDUAIS. Xa nas clasificacións individuais do k-1 destacaron as vitorias de Miguel Rouco (Fluvial) e Lucía Calvín (Altruán) na categoría xuvenil, mentres que os mellores en cadetes foron Víctor Devesa (Cidade de Lugo) e Emily Fernández (Fluvial).

En infantís impuxéronse, na categoría A, Brais Bargados (Cidade de Lugo) e Lucía Lodeiro (Fluvial), sendo os mellores na B Manuel Martínez (Fluvial) e Elena González (Altruán).

Pola súa banda, en alevín A os máis rápidos foron dous palistas do Altruán ribadense, Martín García e Manuela Lastra Castillo. Na división B, impuxéronse Martín Feijoo Iglesias (Altruán) e Lara Abuín Abeledo (Fluvial).

En benxamín A dominou o Fluvial con Daniel Mera e Valeria López, mentres que na B os máis veloces foron David Díaz (Viveiro-Hotel Urban) e Leyre García (Kayak Foz). En prebenxamíns impuxéronse Mateo Rivas (San Ciprián) e Uxía Fouce (Fluvial).

Finalmente, no c-1 os vencedores foron o xuvenil Samuel Fernández (Fluvial), o cadete Franco Teo Llamazares (Cidade de Lugo), e os infantís Alejandro Pérez (Fluvial), Iván Argiz (Fluvial) e Paula Racamonde (Fluvial).

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios