Xa hai final da Copa: Páramo-Outeiro de Rei

Os de Carlos Fontal remontan no cuarto final do choque ► O Taboada non puido cos de Peón, que fixeron o primeiro gol dende os once metros e sentenciaron despois 

Varios lances del Páramo-Viveiro y del Taboada-Outeiro. FERNANDO LUGILDE
photo_camera Varios lances del Páramo-Viveiro y del Taboada-Outeiro. FERNANDO LUGILDE

O Páramo e o Outeiro de Rei veranse as caras este domingo no Anxo Carro para disputar o derradeiro partido da tempada: a final da Copa. Xogala xa é un premio para ambos os dous clubs despois dunha complicada campaña. A do Páramo está a ter un fi nal de ensoño tras lograr a permanencia na Primeira; para o Outeiro gañar a competición do KO pode paliar en certa medida o descenso dende a Preferente.

SEN MEDO. O Páramo deu a sorpresa meténdose na final. O sábado eliminou a un Viveiro que se viu totalmente superado na segunda parte. Saíu ben o equipo celeste ante un Páramo algo intimidado pola diferenza de categoría. Á media hora, o dominio visitante tivo premio en forma de penalti, sinalado a Lisboa. Jaime encargouse de convertelo.

Pero co gol, o Páramo deu un paso adiante e fíxose coa posesión. Antes do descanso sacou seis córners case consecutivos, levando moito perigo pero sen lograr o empate. Na segunda parte, os de Carlos Fontal -xa sen medos- apertaron forte arriba dende o inicio, roubando numerosos balóns e anulando ao Viveiro. Custoulle, porén, empatar. Non foi até o minuto 64 que o conseguiu ao saque dunha falta lateral: Corbelle cedeu de cabeza no segundo pau para que Álex marcase.

Precisamente Corbelle fixo o 2-1 menos de dez minutos despois: tras unha bonita xogada combinativa cunha ducia de pases, culminou picando por riba de Ledo. Con 2-1 no marcador, o Viveiro tivo unha ocasión clarísima para empatar pero Lisboa fi xo unha gran parada a un tiro a boca de cano. E a cinco do final, Luís sentenciou dende os once metros tras unha falta dentro da área do redeiro celeste sobre Dieguito.

PRIMEIRO GOLPE. O que golpea primeiro, golpea dúas veces, dise habitualmente. Sucedeu onte no segundo partido das semifinais entre o Taboada e o Outeiro de Rei. Nun choque disputado, cos dous equipos enchufados e intensos, o conxunto visitante adiantouse á media hora de xogo dende os once metros: o mediocentro Veiga penetrou cara á portería de Isma co esférico controlado e caeu derrubado dentro da área.

Pereira converteu a pena máxima e deulle ao seu equipo unha vantaxe crucial nun encontro de tanta igualdade e sen ocasións de gol durante a primeira metade.

Na segunda, o Taboada foise a polo empate, cada vez máis arriba co paso dos minutos. O Outeiro de Rei soubo tirar proveito efi cazmente desta circunstancia e logrou outros dous tantos, aínda que puideron marcar máis. Aos dez minutos da reanudación Pereiro facía o 0-2 tras controlar un pase filtrado entre os centrais saíndo dende o medio do campo. O xogador visitante resolveu con calidade diante de Isma.

O Taboada continuou a buscar o gol con balóns colgados á área, pero o Outeiro soubo defender ben estas situacións, e a 15 minutos do final, cos de Martín Murado xa á desesperada, Xoel sentenciou co terceiro nunha xogada moi similar ao 0-2.

Ficha técnica
3. SD O Páramo: Lisboa, Ledesma, Corbelle, Fede, Luís R., Borja, Omar, Álex, Folgueira e Saúl. Tamén, Castro, Diego, Bruno, Brais e Hugo.
1. Viveiro CF: Ledo, Souto, Joel, Roi, Poceiro, Meitín, Jaime, Calvo, Rolle e Paz. Tamén xogaron David Ben, Xoel, Pablo Louzao e Iago.
Goles: 0-1, min. 30: Jaime, de penalti; 1-1, min. 64: Álex; 2-1, min. 73: Corbelle; 3-1, min. 85: Luís R., de penalti.
Árbitro: Javier Gómez Martín. Campo: As Rapadas, O Páramo.

 

Ficha técnica
0. Taboada CF: Isma, Juanjo, Nico, David Montes, Sesiño, Dieguiño, David Potente, Noé, Guerreiro e Moski. Tamén xogaron Marcos, Manu, Álex e Joni.
3. SD Outeiro de Rei: Magic, Muñiz, Trigo, Álex, Samu, Veiga, Pereiro, Adrián Vizoso, Kike, Redondo e Jorge Pereira. Tamén xogaron Xoel, Yoni, Yago e Aarón.
Goles: 0-1, min. 32: Pereira, de penalti; 0-2, min. 55: Pereiro; 0-3, min. 76: Xoel.
Árbitro: Jorge Carballido Vega.

Comentarios