Éxito no XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia rítmica

A escola municipal acadou a medalla de bronce na categoría cadete e a de ouro na senior

O Pavillón Municipal de Deportes de Xove acolleu o XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica.

O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, comezou ás 16.00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 10 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e o Club Xirandela de Sarria.

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, organizadora do evento, acadou uns excelentes resultados: a medalla de bronce na medalla de bronce na categoría cadete e o equipo senior a medalla de ouro.

A entrega de premios e trofeos estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de deporte Cristina Iglesias e a de cultura Dolores Meitín.

Comentarios