Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Daniel Viaño: "Se pos os bañadores de waterpolo, non quererás poñer outra cousa"

Daniel Viaño, presidente do Club Waterpolo Lugo. SEBAS SENANDE
Daniel Viaño, presidente do Club Waterpolo Lugo. SEBAS SENANDE

O presidente do clube lucense desta disciplina ten o reto de seguir medrando

1. Que o empuxou a formar o Club Waterpolo Lugo?
Pareime a pensar no ben que se vive nesta cidade e reparei en que o único que botaba en falta era un equipo de waterpolo. Cando Jacobo (lucense co que coincidín no Club Waterpolo Santiago) me dixo que podía contar con el para montalo, xa non houbo volta atrás.

2. Como é a acollida deste clube entre os lucenses?
Espectacular! Cando arrincamos non esperabamos que a xente se fora a volcar tanto connosco: animándonos e difundindo a nova en redes sociais, xente doutros deportes que quere probar, pais que queren apuntar aos seus fillos… esperamos poder devolver todo o apoio canto antes.

3. Que auguran para o futuro próximo do clube?
Tras participar en torneos amateur, agardamos estrearnos en competición oficial.

4. Hai moita afección por este deporte na cidade?
Hai antigos xogadores doutros equipos que non perderon as ganas de practicalo, e vista a acollida seguro que conseguimos arraigar a afección entre  o resto da cidade. 

Persoal
1. Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?
O que máis, poder experimentar cada día con tecnoloxías punteiras. O que menos ter que documentar todo o proceso.
2. Se volvese empezar, dedicaríase a...
Á aeronáutica de novo. Realmente aínda estou empezando, pero estame a gustar e teño ganas de seguir descubrindo este mundo.
3. O soño que máis se repite é…
Seguir formándome e chegar a doutorarme.
4. Estraña algo do que foi deixando atrás?
As aventuras cos amigos da universidade, pois cada un traballamos nunha punta do mundo.
5. A quen admira?
A Arnold Schwarzenegger, por como trasladou os seus éxitos deportivos ás demais facetas da súa vida.
6. Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?
De deixar de practicar waterpolo cando fun á universidade. Levo un ano traballando para recuperar a forma física perdida!
7. Que cita subscribiría?
Creo que foi Confucio o que dixo: "Transporta unha presada de terra todos os días e farás unha montaña".
8. Que coche ten?
Un Mazda 3, que merquei hai pouco.
9. Cal foi o capricho máis caro que mercou?
on direi o coche porque o necesito para ir traballar, así que un dos ordenadores que teño na casa.
10. O ben material máis prezado?
Aquí si que vou responder que o coche. Casi me da algo cando lle vin o primeiro rascado.
11. Unha toleada que fixera por amor…
Intentar manter unha relación a distancia.
12. Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?
A falta de sinceridade. En xeral cústame moito perdoar...  
13. Teñen algún pacto?
Agora mesmo estou solteiro, así que aproveito para mandar un chisco ás rapazas de Lugo [risos].
14. Envéxalle algo ao outro sexo?
A súa maior lonxevidade!
15. Que libro ten enriba da mesiña de noite?
‘A arte da guerra’, de Sun Tzu.
16. Non sae da casa sen…
Reloxo, móbil e carteira. Teño un ritual para comprobalo.
17. Que pecados capitais desculpa?
A luxuria e a soberbia.
18. Algo que nunca falte na súa neveira… 
Leite de coco.
19. Pérdeo un bo…
Whisky escocés.  
20. Unha prenda que desteste…
O bañador largo! Cando probas os de waterpolo non queres outra cousa.
21. As súas mellores vacacións?
Viaxando ao festival A State Of Trance 650 en Utretch. Aínda nunca volvín disfrutar tanto da música como aquela vez.  
22. A súa viaxe soñada sería a…
Xapón. Son un apasionado da súa historia: o shogunato, a caída dos samurai… encantaríame visitar os vestixios desa época.
23. A paisaxe que máis o impresionou
As Illas Cíes. Viaxei a moitos sitios e aínda non atopei unha paisaxe tan bonita coma esta que temos aquí en Galicia.
 

Daniel Viaño: "Se pos os bañadores de waterpolo, non quererás poñer...
Comentarios