O COB, rival do Breogán na Copa Galicia

A competición disputarase en Marín o vindeiro mes de setembro

Salva Arco presiona a un jugador del COB en un derbi disputado el pasado año. JOSÉ PAZ
photo_camera Salva Arco presiona a un jugador del COB en un derbi disputado el pasado año. JOSÉ PAZ

O Leche Río Breogán xa conoce ao seu rival no primeiro partido da XXXIV Copa Galicia, que por terceira temporada consecutiva terá lugar no Pavillón A Raña, en Marín.

O equipo celeste enfrontarase ao Club Ourense Baloncesto nesta primeira rolda da competición, que tamén deparou un duelo entre o Leyma Basquet Coruña e o anfitrión do torneo, o Marín Ence Peixegalego.

Os gañadores destes dous emparellamentos, que terán lugar o 14 de setembro, disputarán a única semifinal da copa –o día 20– e decidirá que equipo pasa á final, na que espera o Monbus Obradoiro –exento das roldas previas pola súa condición de equipo de ACB–.

Polo momento se descoñecen os horarios dos partidos.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios