sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

O CD As Pontes pide medidas disciplinarias contra o Bergantiños por non informar sobre un positivo

Un instante do encontro entre o CD As Pontes e o Bergantiños a fin de semana pasada. X.FERREIRO
Un instante do encontro entre o CD As Pontes e o Bergantiños a fin de semana pasada. X.FERREIRO

O Club Deportivo As Pontes denunciou este xoves que o Bergantiños FC imcumpriu o protocolo da Federación Española de Fútbol e non informou "de maneira oficial" ao equipo –contra o que xogou a pasada fin de semana– da detección dun positivo por coronavirus entre os seus xogadores.

Nun comunicado remitido á Federación Galega de Fútbol e á Xunta de Galicia, o equipo pontés solicita a apertura dunha investigación e a adopción das "medidas disciplinarias correspondentes cos responsables destes feitos que puxeron en grave risco a saúde das persoas".

O CD As Pontes critica que non foi informado do contaxio no equipo rival "nin por parte do club, nin da Federación Galega de Fútbol, nin da Federación Española de Fútbol". Polo tanto, defende que o Bergantiños FC non aplicou o protocolo da RFEF que indica que "cando se produza un positivo nun equipo, deberán suspenderse os adestramentos e a participación en competicións ata que se acredite que o negativo do resto do equipo e nunca antes de sete días".

"O Bergantiños FC coa súa actitude puxo en perigo a saúde dos integrantes do noso persoal, empregados e directivos e, o máis importante, a saúde do público que acudiu ao Campo  do Poboado a ver o encontro, debido a que un dos positivos estivo a ver o encontro desde a bancada, como un afeccionado máis, sen tan sequera pasar polo control de despacho de billetes", expón o club.

O equipo pontés pregúntase por que a Federación Galega de Fútbol non suspendeu o encontro da pasada fin de semana unha vez coñecido o positivo do xogador do Bergantiños FC "como si fixo con outros equipos da mesma categoría e na mesma xornada".

Precisamente este xoves, a Federación Galega de Fútbol anunciou o aprazamento do encontro entre o Bergantiños e o Polvorín, debido á detección de varios positivos por coronavirus co conxunto local. 

O CD As Pontes pide medidas disciplinarias contra o Bergantiños por...
Comentarios