O CD Lugo lanza unha oferta para encher o Anxo Carro ante o Almería

Os seareiros poderán adquirir packs de dúas entradas por cinco euros

Los aficionados de la grada Fans del Ángel Carro siguen una jugada de los futbolistas. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Los aficionados de la grada Fans del Ángel Carro siguen una jugada de los futbolistas. VICTORIA RODRÍGUEZ

O CD Lugo quere mobilizar a súa afección para o partido do vindeiro domingo ante o Almería, onde os lucenses, en postos de descenso, necesitan gañar na batalla pola salvación.

Así, o club lanzou unha oferta pola que os afeccionados poderán adquirir packs de 2 entradas por 5 euros para calquera zona do estadio.

Os socios poderán adquirilas de xeito preferente este luns e este martes. E desde o xoves, a venda estará dispoñible para calquera seareiro que queira adquirir un destes packs. 

Horarios e puntos de venta
Oficinas Anxo Carro: L-V 09:30 - 14.00 e 16.00 - 19.30h (Mércores 1 pechado)
CDLUStore: L a V 10:30 - 14:00 e16:30 - 20:00h (Mércores 1 pechado)
As taquillas abrirán o día de partido dende as 10.00 h (dúas horas antes do inicio do mesmo) e nelas tamén estarán dispoñibles os packs de dúas entradas por 5 euros. 

Comentarios