O CD Lugo amosa o seu apoio aos traballadores da Mariña

"Son un elemento fundamental do desenvolvemento da provincia" 
Os xogadores do CD Lugo mostran o seu apoio aos traballadores da Mariña. CD LUGO
photo_camera Os xogadores do CD Lugo mostran o seu apoio aos traballadores da Mariña. CD LUGO

Os xogadores do CD Lugo quixeron mostrar o seu apoio aos veciños e traballadores da Mariña pola situación de crise industrial que se está a vivir na comarca. 

Este mesmo mércores a poboación da Mariña saía ás rúas e realizaba unha folga xeral para reclamar unha solución.

Ver máis: Roberto Vilar mostra o seu apoio á Mariña: "Hai que solucionar isto; son moitas vidas"

O plantel do Lugo posou cun cartaz no que se pode ler que están "co afianzamento do emprego dos traballadores lucenses".

En redes sociais engadiron que queren mostrar "a súa solidariedade" cun dos "elementos fundamentais do desenvolvemento da provincia. Unha loita de todos para conservar os empregos directos e indirectos, tan necesarios para os nosos". 

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios