A capital do surf por tres días

465052.jpg
photo_camera 465052.jpg

A praia viveirense de Area foi a elexida para celebrar onte a presentación da terceira edición de Surf-Camp Kilómetro 0, iniciativa da Deputación de Lugo que reunirá aos mellores especialistas de Europa na Mariña dende o 3 ata o 5 de maio. Barreiros, Ribadeo, Viveiro e Foz acollerán as numerosas actividades.

o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, estivo no acto xunto ao alcalde de Viveiro, Melchor Roel, os responsables do establecemento ribadense Hola! Ola, David Martínez e Juan Carlos Rubio, e diferentes representantes dos clubes da comarca, entre eles Borja Rocha, de North Shore; Brais Ledo, de Surfiños; Antón Rodríguez, de Sensación Surf; Ignacio Martínez Lage, de Van Surf; e David Díez Polo, de Oxígeno Surf.

Gómez Besteiro destacou que con este certame, financiado ao 80 por cento con fondos europeos, a través do programa Lug02, a Deputación «consolida un evento que xa supón un revulsivo económico para A Mariña», tendo en conta os centos de persoas que participan, chegados de toda a zona do Norte peninsular, e a ocupación hoteleira rexistrada, que o pasado ano acadou o 80 por cento na zona oriental da comarva e rozou o cheo en Ribadeo. «Todo iso confirma o lecer medioambiental como fórmula eficaz para desestacionalizar o turismo na Mariña e poñer en valor a súa riqueza paisaxística».

A intención do organismo provincial é non so a de darlle continuidade ao proxecto iniciado fai tres anos, senón tamén de potencialo. Neste senso, o mandatario provincial amosou a súa confianza en que este ano seguirá aumentando o éxito de participación no Surf-Camp, pois «é froito dunha perfecta combinación entre un deporte que cada vez conta con máis afeccionados e uns escenarios ideais, como son as praias mariñanas, para poder practicalo», asegurou.

Consiga AQUÍ la información completa

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios