''Busco mostrar todos los días lo que siento por las personas a las que quiero''

O exxogador Lisardo Gómez afronta a súa segunda tempada como adestrador do CB Breogán

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O xogo en si do baloncesto é o que máis me gusta. O que menos, perder.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo, sen dúbida.

3. O soño que máis se repite é...

O regreso á Liga ACB do CB Breogán.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Si, máis contacto con algúns amigos que por traballo é complicado manter.

5. ¿A quen admira?

A Michael Jordan.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Algunhas cousas de cando era xogador. intres nos que me excedía con algún rival en momentos de tensión dos partidos.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Atrévome... pero non o vou dicir.

9. ¿Que cita subscribiría?

As persoas nunca están tan preto da estupidez coma cando se sinten sabias.

10. ¿Que coche ten?

Un Mazda.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Ese coche.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

No lle dou un excesivo aprecio a gardar cousas.

13. Unha toleada que fixera por amor...

Penso que non fixen ningunha, pero si teño claro que busco amosar cada día o que sinto polas persoas ás que quero.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Unha mentira.

15. ¿Teñen algún pacto?

Si, o de tratar de non levar traballo para a casa, pero infelizmente teño que recoñecer que non o cumpro.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

¡Moitas cousas!

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘Juego de tronos’.

18. Non sae da casa sen...

O teléfono.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula, e algún que outro...

20. Algo que nunca falte na súa neveira

Cervexa e queixo.

21. Pérdeo un bo...

Unha boa comida en boa compañía.

22. Unha prenda que desteste...

Non teño especial problema con ningunha. Iso si, non teño costume de poñer chalecos.

23. ¿ As súas mellores vacacións foron...

En Nova York.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Belgrado, para poder ver o xeito de traballar coa base no baloncesto. E tamén ir a Estados Unidos e facer unha ruta vendo partidos da NBA.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Algún acantilado da Mariña lucense.

26. ¿E a súa materia pendente?

Escribir algo con anécdotas vividas no baloncesto, primeiro como xogador e despois como adestrador. Pero sería máis para o meu uso persoal que para que se publicase.


«GANAR O DÍA DO PATRÓN FOI UN SINAL»

1. O Breogán debutou na tempada de competición da LEB Ouro sufrindo pero con vitoria. Xa sabe cal vai ser a pregunta... ¿este ano, si?

Aínda é moi cedo para ver o que pode facer este equipo, pero este ano ¿por qué non?

2. ¿Que daría por vivir o ansiado retorno á ACB á fronte do equipo?

Sería cumprir un soño. Xa estou dando todo o que podo por logralo.

3. Foi xogador antes que adestrador, ¿sufre máis no banquiño que na cancha?

Si, sen ningunha dúbida.

4. A liga arrincou o día de San Froilán, ¿pode ser un sinal de que o equipo conta coa bendición do patrón para acadar os seus obxectivos?

O feito de traballar e gañar nun día festivo tan sinalado... si, ¿por que non?, pode ser un sinal.

5. Por certo, ¿o calendario ligueiro permitiulle gozar algo das festas patronais ou a obriga ten que ir antes que a devoción?

Pouco, e non me pasa só cas de San Froilán. Tampouco hai moito tempo no Nadal ou noutras datas sinaladas. O baloncesto absorbe moito.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios