domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

Bruno Pena: ''O noso obxectivo é a permanencia aínda que descendan oito equipos''

o troco das normas na Primeira nacional A pouco antes de arrancar a competición non supuxo un troco nos obxectivos do Pinturas Brulak para esta tempada. O seu presidente, Bruno Pena, asegura que a permanencia é a principal meta do seu equipo, recén ascendido á categoría e formado por un grupo de xogadores con experiencia no mundo do fútbol sala.

Tralos trocos da normativa na Primeira nacional A pouco antes de comezar a competición, cambiaron os seus obxectivos?

Seguimos buscando a permanencia aínda que descendan oito equipos. O ano pasado subimos da Primeira B, pero contamos con quedarnos. Pensamos dende o primeiro momento en acabar o máis arriba posible porque temos un equipo bo con xogadores que levan moito tempo practicando o fútbol sala. Agora estámonos adaptando a unha pista nova porque xogamos en Puebla e o ano pasada estabamos en Outeiro de Rei.

Ven factible a salvación agora que xa viron varios rivais?

Creo que haberá uns equipos punteiros: Narón, Parrulo, Mera, Carballiño e Azkar B. Despois quedarán tres postos polos que pelearemos o resto.

En que medida cambiou o Pinturas Brulak con respecto á tempada pasada?

Incorporamos a Santi, que viña do Trabada, a Alan, procedente do Hermanos Barbeito de Portonovo, a Juanjo, que xogou en División de Prata co Avilés Hollywood e Iván, que estaba no Casás, de Autonómica norte. Ademais Domingo Seijas, o adestrador, tamén chegou esta campaña. Penso que temos un conxunto máis compacto e sólido que o ano pasado xa que esta categoría require maior calidade.

Cal é a principal diferencia coa Primeira nacional B?

A grande igualdade que hai entre tódolos equipos de Primeira A, dende os que están situados no máis alto da táboa ata os da parte máis baixa. Podes gañar ou perder tanto co primeiro como co último porque todo o mundo sae a correr e a dalo todo. Nós temos que agradecer que podamos competir ós patrocinadores Pinturas Brulak, Desguaces Herbón, Fontanería Tubox e ó Concello de Láncara.

Póster do Pinturas Brulak este luns na edición impresa de El Progreso

Bruno Pena: ''O noso obxectivo é a permanencia aínda que descendan...
Comentarios