miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

O Breogán lanza unha ampliación de capital con accións a 16,23 euros

Afección do Breogán no Pazo. SEBAS SENANDE
Afección do Breogán no Pazo. SEBAS SENANDE

o club emitirá 31.607 accións por un valor total de 512.981,61 euros

O Club Baloncesto Breogán vén de anunciar que a Xunta de Accionistas da entidade aprobou por unanimidade unha ampliación de capital de máis de medio millón de euros.

Desta maneira o club emitirá 31.607 accións por un valor total de 512.981,61 euros, polo que cada título custará 16,23 euros

A venda de accións dividirase en dúas fases. Na primeira, que está aberta desde o pasado 11 de maio ata o 10 de xuño, só poderán acudir os actuais accionistas da entidade que teñen dereito a subscrición preferente.

Xa na segunda poderán acceder o resto de accionistas e público en xeral (entre o 11 de xuño e o 10 de xuño) na que se poderán subscribir o resto de accións sobrantes da primeira fase.

m-30406-20190513184736

O Breogán lanza unha ampliación de capital con accións a 16,23 euros
Comentarios