O horario do Breogán-Alicante do mércores podería adiantarse 15 minutos

A falta de confirmación oficial, o partido arrincaría ás 20.15 horas
Salva Arco, en el duelo ante el Alicante. SEBAS SENANDE
photo_camera Salva Arco, en el duelo ante el Alicante. SEBAS SENANDE

O Río Breogán xa prepara a eliminatoria de semifinais da LEB Ouro ante o HLA Alicante, que arrincará este mércores no Pazo dos Deportes de Lugo.

Segundo confirmou o club lucense, o horario do partido podería adiantarse 15 minutos sobre o previsto por motivos televisivos, polo que comezaría ás 20.15 horas.

O Breogán derrotou con moito sufrimento o Palma o pasado sábado e esta a dúas eliminatorias de lograr o soño do ascenso á Liga Endesa. O outro duelo é o Covirán Granada - Leyma Coruña. Os segundos encontros disputaranse o sábado 5, mentres que os terceiros, en caso de ser necesarios, terían lugar o mércores 9.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios