As axudas que aporta a Deputación chegan a 185 deportistas

O importe das bolsas vai desde os 300 ata os 2.500 euros en función das probas nos que tomen parte os solicitantes

Unha proba da Copa Deputación de atletismo. EP
photo_camera Unha proba da Copa Deputación de atletismo. EP

Un total de 185 deportistas recibiron as axudas para deportistas de modalidades individuais que concede a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Deportes. Estas bolsas teñen como obxectivo fomentar a participación continuada e progresiva dos deportistas lucenses de base nas distintas disciplinas, recoñecendo os seus logros e favorecendo o progreso na súa formación integración integral. 

As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, en función da participación das e dos solicitantes en diferentes probas e campionatos, desde competicións de nivel provincial ata campionato internacionais en distintas modalidades ao longo do 2021.

Así, o atleta viveirense Adrián Ben, diploma olímpico nos Xogos de Tokio ao concluir na quinta posición na proba dos 800 metros; o atleta monfortino Jairo Salgueiro, que o ano pasado debutou nun Campionato de Europa absoluto e logrou dúas medallas de bronce no Campionato de España; o subcampión do mundo de tiro olímpico Martín Freije, ou a atleta do Saviñao Nuria López son algúns dos deportistas da provincia de Lugo que se viron beneficiados por estas axudas da área de Deportes da Deputación Provincial.

O atletismo é a disciplina con maior número de deportistas con bolsas (65), seguido do piragüismo (27), karate (14), natación (12),  tiro olímpico (11), pentatlon moderno (10), taekwondo (6), orientación (5), bolos (5), judo (4), remo (4), triatlon (3), motociclismo (3), boxeo (3), loita (2), surf (2), hípica (2), entre outras modalidades

O deputado de Deportes, Efrén Castro, sinala que «coas axudas tratamos de contribuír a financiar os custos que lles supón a estes deportistas acudir ás probas e tamén incentivar e recompensar o seu esforzo por mellorar a nivel deportivo, especialmente nas etapas de iniciación, que son o principal obxectivo desta liña de apoio ao deporte».

O responsable provincial explicou que «coa excepción das convocatorias realizadas nos anos de pandemia, nos últimos anos se ven rexistrando un aumento de solicitudes destes premios, o que dá conta da boa saúde do deporte lucense e da gran canteira coa que contamos».

Dez representantes de Ritmo Lugo disputaron o Mundial en Varsovia

Ritmo Lugo vivió un ano cheo de éxitos, que se virón coroados coa sua participación no Campionato do Mundo de Baile Deportivo. Dez deportistas da entidade lograron a clasificación para disputar esta final mundial que se celebrou en Varsovia,  e na que competiron en diferentes probas de salsa, merengue e bachata, tanto nas categorías de formación como sénior.

Ritmo Lugo, tras participar no Mundial. EP
Ritmo Lugo, tras participar no Mundial. EP

A área de Deportes financiou o desprazamento dos integrantes do equipo lucense á capital polaca, facilitando unha participación internacional  que tanto o club como os deportistas e as familias tiñan posto un especial entusiasmo e que lles proporcionou grandes resultados.

Alejandro Pallares Ferreiro conseguiu a medalla de bronce na categoría adulto bachata. Cristina lago Penín e Aitor Castro Enríquez quedaron no cuarto posto na categoría júnior por parellas. Mentras que na categoría children, Alejandra Amaris Lago rematou nun meritorio sétimo posto.

"É un orgullo ver deportistas lucenses competindo ao máximo nivel, especialmente neste caso no que coñecemos de primiera man o esforzo que tanto deportistas e club como familiares realizaron para preparar e participar neste campionato. Estamos seguros de que lograr estes resultados son un aliciente para continuar formándose", sinalou no seu día o deputado de Deportes Efrén Castro, que recibiu ao club no Pazo de San Marcos, xunto a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro. 

Os éxitos logrados no campeonato do mundo non foron, nin moito menos, os únicos que conseguiu Ritmo Lugo ao longo no ano 2022.

O clube lucense conseguio nada menos que 45 medallas nos Campeonatos de España de Hip Hop e Bailes Caribeños (Salsa on2, Merengue, Bachata y Salsa cubana) celebrados en Narón (Ferrol). 

En concreto, os bailaríns lucenses sumaron 14 medallas de ouro; 16 medallas de prata; e 15 medallas de bronce.

O Neka brillou no Mundial de kárate coa conquista de varias medallas

A delegación do Neka Monforte cuaxou unha brillante actuación no campeonato do mundo de kárate, ao que acudiron co apoio da área de Deportes da Deputación Provincial. Así, Laura Álvarez e Daniel Areán lograron a medalla de bronce do campionato mundial na categoría parella junior. Aitor Teijeiro e Lucía Roca foron sextos do mundo na categoría parella cadete. Marco García logrou unha quinta praza na modalidade de trío junior, na que formou equipo co propio Daniel Areán e cun taekwondista murciano. 

Exhibición do Neka Monforte en San Marcos. EP
Exhibición do Neka Monforte en San Marcos. EP

Karla Novo logrou a novena praza en trío junior, xunto a sadense Yaiza Velo e unha deportista de Málaga. Álex Camba e Carlos Rey, que quedaron ás portas das rondas finais, son os actuais campións de Europa na categoría trío senior.

Os representantes do Neka que participaron no Campionato do Mundo de Corea fixeron ao regreso da competición unha exhibición nos xardíns do Pazo de San Marcos, durante un acto de recepción e recoñecemento impulsado pola Vicepresidencia da Deputación.

Laura Álvarez, Daniel Areán, Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Marco García, Karla Novo, Álex Camba e Carlos Rey, acompañados polo adestrador José María Vega, fixeron unha demostración da orde, calidade técnica,  precisión e velocidade que require a práctica desta disciplina deportiva e que fixeron valer no torneo mundial celebrado do 24 ao 29 de abril.

O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou "ao club monfortino polo éxito deportivo, que supón un reforzo para o traballo que veñen realizando» e explicou que «propuxémoslles aproveitar a ocasión para realizar esta exhibición para dar visibilidade a este deporte e facer partícipe ao público dos logros acadados en Corea".

O responsable provincial subliñou "a importancia de reforzar socialmente estas disciplinas para que os rapaces e rapazas que queiran practicar deporte valoren diferentes opcións e  elixan as que máis se axusten aos seus intereses".

Torneos provinciais para apoiar a base
As Copas Deputación de atletismo e piragüismo son dous claros exemplos de espazos de formación e crecemento para os deportistas da provincia. Ambas contan coa axuda da área de Deportes da Deputación Provincial.
Piragüismo
A Copa Deputación de piragüismo constou de seis regatas que se disputaron desde o mes de maio ata o de setembro. Cada unha de elas foi organizada por un clube. Así, o 22 de maio, o CLub Fluvial de Lugo organizou a proba no embalse de Portomarín. O 5 de xuño a regata foi en Ribadeo organziada polo clube Altruán. O CP San Cirpián organizou a competición do 23 de xullo. O 15 de agosto foi o turno do CP de Vieviro, mentres que o 17 de setembro a regata foi en As Saamasas organizada polo Cidade de Lugo. Por último, o Clun Kayak organizou en Foz a derradeira proba o 25 de setembro.
Atletismo
Catro foron as xornadas nas que se disputou a Copa Deputación de atletismo 2022. A primeira tivo lugar o 22 de xanerio; a segunda, o día 29; a terceira, o 5 de febreiro, e a última, o 19 do mesmo mes. Máis de 2.000 deportistas se deron cita nunha competición que ano a ano se confirma como clave no calendario.