Andrés Castrín: "Xogamos no filial, pero tamén estamos listos para dar o salto"

O defensa central canteirán debutou no encontro ante o Villarreal B na casa para cumprir un soño que tiña desde pequeño, cando xogaba ao fútbol en Riotorto 
Andrés Castrín posa en el campo de O Ceao. XESÚS PONTE
photo_camera Andrés Castrín posa no campo do Ceao. XESÚS PONTE

A humildade e a ética de traballo non xurden ao momento, como unha sorpresa inesperada. Tampouco o amor por unhas cores ou por unha provincia. Se sementa e se cultiva día a día, dende pequeno, de mozo e de maior. Todo iso está en Andrés López Gallo, Castrín, un defensa nado en Riotorto fai 19 anos e criado futbolísticamente a carón do Miño e que debutou en Segunda División co clube da súa vida: o Lugo.

Para un rapaz de Riotorto, ¿Que significa debutar co Lugo en Segunda División?
É un soño para min. Levo desde pequeno no Lugo, esta é a miña décima tempada aquí. Como todo rapaz que leva a vida no clube o soño é xogar no seu primeiro equipo. Eu xa tiven a sorte de facelo o ano pasado na Copa do Rei, aínda que non de facelo na Liga e este ano deuse esta opción. Estou moi contento e teño moitas gañas de seguir traballando para mellorar.

Un rapaz de clube entón…
Sí, agás un ano que estiven no Vilalbés, no cadete B. Logo, no cadete A, xa volvín e sigo aquí no Lugo.

Debutar no Ángel Carro, coa familia na grada, ¿Foi un plus?
Sí. A verdade é que foi unha ilusión moi grande poder debutar cos teus e, por riba, na casa. Foi unha sensación moi bonita. No momento non pensas niso, pero ao final do partido pensas en que foi moi bo debutar cos teus.

¿Con quen se atopou primeiro ao rematar o partido?
Atopeime co meu irmán e co meu pai. Atopeinos na grada e xa lles din un abrazo. Os dous me deron uns consellos. Agora teño que seguir traballando, non podo afrouxar.

¿Os amigos enchéronlle o teléfono de mensaxes?
Recibín bastantes mensaxes dándome a noraboa. Isto é un orgullo para min, pero non está nada feito. Non conseguín nada, os obxectivos son  asentarse e desputar partidos co primeiro equipo.

¿Como se fai para debutar co Lugo en Segunda División e ser case dos mellores?
O mellor non. Esa palabra é moi grande. Foron factores do xogo, como a expulsión de Alberto, que me axudaron un pouquiño. Foi unha sorpresa para min cando me dixeron: “Castrín, para dentro”. Entón pensei: ‘Hai que dalo todo que aquí está a oportunidade’.

Estivo moi cómodo, como se case non notara os nervios…
Foi todo tan rápido desde o momento da expulsión ata entrar que case non me deu tempo de asimilalo e, ao entrar no campo, xa te esqueces de todo. Tes que estar pendiente de todo e tes que estar concentrado e con todos os sentidos no partido.

¿Falaban moito os compañeiros ou era vostede o que mandaba neles?
Os compañeiros moi ben, axudáronme moito en todos os momentos. Desde que entrei estiven moi cómodo, aínda que foi nunha situación fastidiada, porque empatamos pero nos marcaron cedo. Temos que aprender deses errores para seguir mellorando.

¿Os contrarios tentaron desestabilizalo?
Nada. Tamén contou que xogabamos contra un filial e son rapaces coma min. Nese aspecto igual non tiñan tanta experiencia coma outros dianteiros da categoría que xa saben manexar esas situacións. 

¿Notou o cambio de categoría de Segunda RFEF a Segunda División?
Sí, sobre todo na intensidade, que é moito mais alta. Tamén na calidade individual dos xogadores. Ves que técnicamente, os seus movementos e o pensar tan rápido se notan moito. Son pequenos detalles que se notan moito nesta categoría.

Coma vostede debutou tamén este ano Jesús na defensa ¿Falou con él sobre a experiencia?
A verdade é que non. Non falaramos dos rivais, de cómo actuar contra eles. Sí que temos comentado no filial algunha situación, pero tampouco con moita relevancia.

¿En quen se fixa mais da primeira plantilla?
Pois como eu son central miro moito aos centrais, neste caso a Alberto e Álex (Pérez). Tento de mirar os seus posicionamentos no campo e que me poidan servir de espello. Así, se algún día podo xogar algún partido con eles xa estaría preparado para facer ben o que pode axudar. Sempre tomo como referencia a Alberto e Álex.

Andrés Castrín en O Ceao. XESÚS PONTE
Andrés Castrín en O Ceao. XESÚS PONTE

¿Notou melloría no seu xogo de adestrar a diario co primeiro equipo?
Notei moita melloría con respecto ao ano pasado, porque era xuvenil. Necesitaba un proceso de adaptación ao equipo sénior tanto física como psicolóxicamente e por iso me custou un pouco. Pero pouco a pouco, cando vas adestrando co grupo e te habitúas ao ritmo deles, te fas a eles e cada vez custa menos. Pouco a pouco estamos traballando para seguir mellorando e explotar as cualidades de un. Con ganas e traballo ogallá cheguen as oportunidades.

¿Cómo é adestrar todos os días co primeiro equipo?
Tratáronme sempre coma un mais. Nunca me sentín inferior a ninguén no trato. Todos nos tratamos ben. Todos teñen un trato exquisito. Sempre están pendentes de nós, de que esteamos ben, de que descansemos, das nosas necesidades… É un luxo que tanta xente esté pendente de nós para que sigamos crecendo física e mentalmente.

¿Faise raro adestrar co primeiro equipo e co Polvorín?
Non, para nada. Eu primeiro son xogador do Polvorín. Ese é o meu primeiro equipo. Tanto se estou cun equipo ou con outro sempre tento de dar o mellor de min. Iso me beneficia a min e aos meus compañeiros. Sería un erro non dar a túa mellor versión cun equipo, sería ir en contra do teu traballo. Estar en dinámica de primeiro equipo te beneficia en todos os niveis. Pero tamén o fai xogar co Polvorín, porque colles mais experiencia na categoría e te segues curtindo con mais minutos. Do que se trata é de seguir mellorando cos partidos. Sempre estou a disposición do primeiro equipo e do Polvorín.

¿Son moi distintos Fran Justo e Roberto Trashorras?
Teñen dous tipos de xogo diferentes. No filial é un pouco mais de xogo combinativo. O xogo directo no filial non predomina e, penso, que non nos beneficiaría. Estou cómodo coas dúas formas de xogo e a morte cos plantexamentos e ideas dos dous adestradores. Eu tento facer sempre o que o míster me dí, sexa mais combinativo ou de xogo directo. 

¿A canteira está a tirar a porta abaixo este ano?
Todos os xogadores poden estar orgullosos do traballo que se está a facer, pese a que na táboa non se están a conseguir bos resultados. Creo que se está a traballar ben, a xente se esforza e da o nivel. Así é como outros compañeiros como Dani (Vidal), (Álex) Ramos, César (Ces Cotos), Jesús… Xa xogaron co primeiro equipo. Somos do filial, pero podemos estar preparados para dar o salto.

O seu irmán Pablo tamén foi convocado, aínda que non debutou ¿Houbo sempre rivalidade entre os dous irmáns?
Non. Como somos dous xogadores de perfil diferente penso que por iso non hai rivalidade nin comparacións. Pablo é zurdo e pode xogar tamén de lateral. Por ese aspecto non hai confrontación entre os dous.

O que si que parece claro é que a familia está ben ligada ao fútbol…
Desde pequenos comenzamos a xogar. Eu me iniciei no Riotorto con tres anos. Xogaba cos maiores, porque como eramos pouca xente no pobo xogabamos todos xuntos. Despois fun ás escolas de Lourenzá, onde alternei fútbol campo con fútbol sala. Logo me vin para o Lugo en benxamín A. Os meus pais, o meu tío e o meu avó son moi futboleiros. Os meus pais sempre fixeron un esforzo moi grande para podernos traer desde Riotorto a Lugo. Iso é algo que nunca nos esqueceremos o meu irmán e mais eu. 

O seu pai seica era un central de categoría no Riotorto ¿Dalle consellos a vostede?
Sempre me da consellos. Todos os días me di cousas que podo mellorar. Sempre me di que se poden facer algunhas cousas mellor. Eu sempre lle atendo aos consellos, porque el os da para que mellore e seguir crecendo. Falamos moito desas cousas. Pero con quen mais falo é co meu irmán.

¿A quen se parece mais como central, ao seu pai ou ao seu tío, que era mais duro?
(Ríe) Se me teño que comparar con un sería co meu tío Suso entón (ríe).

So podían ser defensas o seu irmán e mais vostede, viña de familia…
Sí, a verdade é que sí.

O seu avó tamén é futboleiro, foi fundador do Riotorto CF…
Él é moi futboleiro. Gústalle moito ver partidos de fútbol.

Na súa casa ao que non lle guste o fútbol é mellor que marche o fin de semana...
(Ríe). Se che son sinceiro, cando meu irmán e mais eu estamos na casa sí que se poñen moitos partidos. Pero, como case sempre estamos en Lugo, cando podemos ir á casa tentamos estar o maior tempo posible cos meus pais e facer cousas xuntos, porque xa botamos moito tempo separados e o tempo que podemos estar na casa pois nos gusta estar en familia e estar xuntos todos.

O seu pai xogou con Setién no Sagrado Corazón, igual o Villarreal se fixa en vostede...
(Ríe) Iso vai estar un pouco mais compricado. Tentaremos mellorar o máximo posible para chegar o mais arriba posible.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios