A TVG retransmitirá o campionato do mundo de motocrós ata o ano 2022

Os afeccionados galegos poderán seguir na pequena pantalla a traxectoria do lucense Jorge Prado na máxima categoría MXGP
Jorge Prado, durante el Gran Premio de Flandes. JUAN PABLO ACEVEDO
photo_camera Jorge Prado, durante o Gran Premio de Flandes. JUAN PABLO ACEVEDO

A Televisión de Galicia retransmitirá o Campionato do Mundo de Motocrós (MXGP) ata o ano 2022, despois de facerse cos seus dereitos na renovación do contrato con Infront Moto Racing, a entidade organizadora deste evento deportivo.
    
En febreiro do ano pasado, a Galega converteuse na única televisión en España en ofrecer, en aberto e en directo, o Campionato do Mundo de Motocrós, coa estrea do lucense Jorge Prado, bicampión do mundo de MX2, na máxima categoría MXGP. Neste 2021 e o vindeiro 2022, os afeccionados galegos poderán seguir na pequena pantalla a traxectoria do piloto lucense, "un dos mellores talentos actuais da escena internacional do motocrós", segundo recolle a cadea nun comunicado.

Os xornalistas deportivos da canle pública comentarán os domingos, en directo, a celebración dos grandes premios.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios