Ficha técnica

2-1. O Lugo Sala estréase coa copa

O cadro da capital lucense pecha a súa primeira tempada como club deportivo cun título tras impoñerse ao campión de liga
Os campións da Copa Galega cadete posan para A Canteira
photo_camera Os campións da Copa Galega cadete posan para A Canteira

O Lugo Sala é o novo campión de Copa Galega cadete tras dar a sorpresa na fi nal ante o CD Burela FS, campión de Liga cadete, nun choque que se decidiu por tan só un tanto, que chegou a falta de segundos para o fi nal do encontro.

Ambos equipos chegaban a esta fi nal tras superar sen excesivos atrancos ao Campito FS e ao Santiago FS. Mentres que o Lugo Sala se impuxo aos primeiros por 5-2, o Burela deixou no camiño aos santiagueses por 0-3, nun choque no que se mostraron moi superiores.

Os burelaos chegaban ao encontro decisivo coas baixas de Aarón e Alberto, o primeiro lesionado xa no choque de semi- fi nais, e cun Luka que chegaba tocado, por mor dun golpe no partido anterior. A primeira metade comezou sen demasiadas ocasións de gol e con dous equipos que apostaban por non cometer erros que permitiran ao seu rival sacar vantaxe.

A alternancia entre ambos conxuntos marcou os compases iniciais, ata que o Lugo Sala, por medio dunha xogada de estratexia tras un saque de esquina na que Brais, cun disparo desde a distancia, puxo o 1-0 para o equipo anfi trión. Tralo gol, no minuto 8, o Burela reaccionou moi ben e pasou a levar o peso do encontro. Os laranxas acumularon ocasións de gol, pero os paus, a boa defensa local e o acerto do meta Vila, resultaron determinantes para impedir que o resultado cambiase antes do paso por vestiarios, aos que se chegou con 1-0 para os da capital lucense.

O gol de Borja, na última xogada, permite ao Lugo Sala lograr o seu primeiro título


Trala pausa, o Burela deu un paso adiante e buscou o empate con moita intención, ante un Lugo Sala que defendía con moito criterio e intensidade e que era capaz de aguantar sen pasar demasiados apuros. Aproveitaba tamén o cadro local a insistencia dos mariñaos para saír con certo perigo á contra, pero sen demasiado éxito.

Pese ao perigo do Lugo Sala no balón parado e nas transicións tras pérdida, o Burela mantiña a presión moi arriba e buscaba o gol do empate desesperadamente. Foron moitas as ocasións para os laranxas, pero a falta de aire nos últimos metros impedía que chegaran con claridade. A falta de catro minutos, o técnico mariñao sacou porteiro xogador e Sergio asumiu ese rol. Pese a todo, esta estratexia non deu resultado para o Burela ata o último minuto do choque, cando nun despiste da defensa lucense, Nito fi ltraba un balón para Adilson, que lograba poñer as táboas no marcador cun tanto que parecía mandar o partido directamente ao penaltis.

Quedaban tan só 30 segundos para o fi nal do choque cando Domingos superou a entrada dun xogador do Lugo Sala da que saíu desestabilizado, co que no balón dividido o cadro local conseguiu facerse coa pelota, nunha xogada que rematou en córner. O árbitro decidiu acumular a falta dos lucenses pese a non supoñer vantaxe para os burelaos, que perderon o balón nesa acción, moi protestada por parte dos mariñaos. Foi nese saque de esquina cando chegou o gol que decidiu o campión de copa cadete. A estratexia funcionou de novo para o Lugo Sala e Borja marcou o segundo tanto do partido, que daba o primeiro título da historia do Lugo Sala no seu ano de estrea na competición.

Comentarios