viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

Movementos no Celta: Jensen vaise ao Brentford e chega Álvaro Fernández

Jensen con Mouriño. RC CELTA DE VIGO
Jensen con Mouriño. RC CELTA DE VIGO

O danés deixa cinco millóns nas arcas olívicas

O Celta de Vigo anunciou este mércores o traspaso do internacional sub-21 danés Mathias Jensen ao Brentford FC, club que pagará preto de cinco millóns de euros polo futbolista, que asinará un contrato para as próximas catro tempadas, con opción a unha quinta, co seu novo equipo.

"RC Celta e Brentford FC chegaron a un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Mathias Jensen", informa no seu comunicado a entidade galega, que se reserva unha porcentaxe dunha futura venda.

O Celta expresa a Jensen, fichado o pasado verán do Nordsjaelland, o seu sincero agradecemento polo "esforzo e compromiso" mostrados durante a súa tempada no club, e deséxalle "un gran éxito" na súa etapa no conxunto británico, que milita na Championship. 

Por outra banda, o Celta pechou este mércores a incorporación o porteiro do internacional sub-19 Álvaro Fernández, quen asina por tres tempadas máis outras dous opcionais, informou a entidade galega a través dun comunicado de prensa.

O Celta destaca de Fernández, quen a partir do próximo 14 de xullo disputará o campionato de Europa sub-19, a súa "explosividade" e "axilidade", así como o seu "gran golpeo" en longo.

No palmarés do novo porteiro celeste, que a pasada tempada militou no Atlético Malagueño, figura unha medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos Sub-18 e un subcampeonato do mundo Sub-17.

Movementos no Celta: Jensen vaise ao Brentford e chega Álvaro...
Comentarios