lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

4-0. Galicia golea a Ceuta e pasa á seguinte fase

Os xogadores do combinado galego celebran un gol. CEDIDA
Os xogadores do combinado galego celebran un gol. CEDIDA
Enfrontarase a Euskadi no seguinte partido da Copa das Rexións da Uefa

A Selección Galega xogará contra a de Euskadi na Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA o 12 de febreiro logo de certificar de maneira brillante a súa clasificación goleando a Ceuta no Salvador Otero de A Illa de Arousa (4-0).

Ao combinado galego valíalle o empate para clasificarse, pero desde o primeiro momento quedou clara a súa superioridade e con só tres minutos de xogo comenzaba o recital goleador de Adri Castro, que marcaría dous tantos máis con posterioridade. Gran rendemento dos dianteiros galegos xa que o outro gol foi marcado por Iker Hurtado. 
 
Despois do gol de Adri Castro chegaron un par de claras opcións para ampliar o marcador, pero nin Lamelas nin Abelenda acertaron coa portería. Tampouco Hamsa, xogador que tivo a primeira e case a única oportunidade ceutí, pero Cortegoso estivo atinado e despexou a córner.  
 
Aarón case marca o gol da primeira fase cun magnífico saque de falta lonxano. Sería o golazo da xornada de non ser polo gardamallas ceutí que desviou a pelota coa punta dos dedos. 

Galicia clasifícase para a Fase Intermedia, na que se xogará o pase para a Fase Final a 4

Galicia tiña o partido totalmente controlado, e máis aínda despois do segundo gol. Roubo de balón en medio campo, contra rápida e Adri Castro non perdoou. Incluso puido ser máis amplia a vantaxe antes do descanso cunha ocasión casi idéntica, pero desta vez o porteiro foi quen de impedir o tanto de Uzal. 

Iván Cancela deulle os primeiros minutos a Iker Hurtado e pouco necesitou o dianteiro do Arzúa para demostrar o seu olfato goleador. Centro de Aarón desde a esquerda e cabezazo de Hurtado ó fondo da portería. 

Baixou o ritmo na segunda metade unha vez que estaba asegurada a clasificación de Galicia, pero aínda houbo tempo para un novo tanto de Adri Castro, un futbolista diferencial. Internada de Lamelas pola esquerda, pase atrás e remate de Adri colando a pelota entre as pernas do porteiro ceutí. 

Galicia clasifícase para a Fase Intermedia, na que se xogará o pase para a Fase Final a 4. O combinado que dirixe Iván Cancela xogará contra a sempre complicada selección vasca, que se impuso a domicilio a Madrid. Ese encontro clasificatorio disputarase o 12 de febreiro nas instalacións da Real Federación Española en Las Rozas. 
 

FICHA TÉCNICA:
4.- Galicia: Cortegoso (Paco, min. 46), Adri Gómez, Vitra, Iago López, Aarón Rama, Uzal, Samu (Iker Hurtado, min. 46), Martín Lamelas, Josiño (Marquitos, min. 56), Brais Abelenda e Adri Castro. 
0.- Ceuta: Nadir, Anuar, Bilal, Guti (Mohamed, min. 46), Juanan, Sufi (Yunes, min. 58), Sufian, Hamsa, Salguero, Pereña e Villatoro (Manfoud, min. 46). 
Goles: 1-0 Adri Castro (min. 3); 2-0 Adri Castro (min. 39); 3-0 Iker Hurtado (min. 56); 4-0 Adri Castro (min. 80). 
Árbitro: Miguel Ángel Castro Castro (Comité Galego), asistido por Sergio Maldonado e Daniel Rodríguez. Amosou cartón amarelo ao xogador de Galicia Marquitos e por parte de Ceuta a Anuar, Sufian, Yunes e Juanan. 
Campo: Salvado Otero de A Illa de Arousa. 300 espectadores. 

4-0. Galicia golea a Ceuta e pasa á seguinte fase
Comentarios