O XXVI Festival Internacional Galicreques celebrarase do 9 ao 17 de outubro en Santiago

O festival de monicreques recuperará as funcións escolares presenciais
'Diente de leche', da compañía ecuatoriana Titerefue-Titiritaina. EP
photo_camera 'Diente de leche', da compañía ecuatoriana Titerefue-Titiritaina. EP

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE, celebrará en Santiago a súa 26ª edición entre os días 9 e 17 de outubro. Neste 2021, Galicreques recuperará a que foi un dos seus grandes sinais de identidade durante un cuarto  de século de traxectoria: as funcións escolares. Tras o parón de 2020, ano en que por mor da situación epidemiolóxica e das restricións sanitarias, o festival só ofreceu funcións escolares para seguir por streaming; recóbrase certo grao de normalidade ao contar na súa programación cun total de sete destas representacións. Todas elas desenvolveranse, como non pode ser doutro xeito, atendendo con rigor as medidas de seguridade e de limitación de capacidade que estean en vigor naquela altura.

Os centros poden anotarse chamando aos teléfonos 981801237 e 667771147 ou contactando por escrito a través de [email protected] 

O Teatro Principal acollerá tres destas sesións. A primeira celebrarase o mércores 13 de setembro da man da compañía galaico-francesa Moving Compass; a segunda será ofrecida por Títeres Alakrán o xoves 14 e a terceira chegará o venres 15 grazas á Xanela do Maxín. A cuarta terá como escenario a Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta o venres 15 e correrá a cargo da formación ecuatoriana Titerefue-Titiritaina, que representará o seu espectáculo Diente de leche. Ademais, está previsto tamén que a Fundación SGAE acolla outras tres funcións nas mañás do mércores, xoves e venres. Para asistir como público a estaa representacións, os centros de ensino poden anotarse xa chamando aos teléfonos 981801237  667771147 ou contactando a través do correo electrónico: [email protected]

O festival de monicreques ofrecerá sete funcións en horario lectivo para o público de centros de ensino: tres, no Teatro Principal, outras tres no edificio da SGAE e unha no CSO Santa Marta

Con esta recuperación das representacións para espectadores de colexios e institutos, Galicreques retoma con maior forza e compromiso tras o complicado ano 2020 unha das súas principais vocacións: o achegamento ás novas xeración e a creación de novos públicos para as artes escénicas en xeral e para o teatro de monicreques en particular.  Nos últimos anos en que o programa incluía funcións para centros de ensino, máis de 1.200 rapaces e rapazas asistían ás numerosas obras que se ofrecían en horario lectivo. Ademais, o alumnado procedía de centros  non só de Santiago,  senón tamén de municipios como Ames, Teo, Oroso, Ribeira ou Marín.

CARTEL GALICREQUES 2021-

Comentarios