Xurxo Nóvoa: ''Cos obradoiros de potugués reforzan o estatus do galego como lingua útil a nivel mundial''

Xurxo Nóvoa (Vigo, 1975) é o responsable da librería Cirinda, que abrirá este venres e terá a súa inauguración ás 19.00 horas baixo o lema de À volta do Português e coa música ao vivo de Ugia Pedreira e Najla Shami. Cirinda organizará obradoiros para chegarnos á cultura lusa, corpartindo espazo coa feminista Lila de Lilith na rúa Travesa número 7, en Santiago de Compostela.

P ¿Como nace a iniciativa de abrir unha librería lusófona como Cirinda?
R
Vimos que, a pesar da proximidade de Galicia con Portugal, existe unha carencia respecto ao portugués e en varios niveis, sobre todo no que compende a cursos e ao ensino, cando poderiamos apoveitar a nosa potencialidade lingüística de manexarnos cun dos idiomas máis falados internacionalmente.

P Non é moi usual que dúas librerías compartan un mesmo establecemento.
R
Xurdiu a posibilidade de compartir espazo e creo que é unha idea excelente, ademais, a relación que teño con elas é estupenda. É unha maneira de complementarnos para ter máis forza, poder organizar máis eventos, máis actividades, máis presentacións... Así tamén nos poderemos nutrir, das actividades de Lila de Lilith.

P Cirinda ofrecerá obradoiros de portugués.
R
Eran proxectos que xa levaba a Associaçom Galega da Lingua (AGAL), é o que imos facer é coller o facho destes cursos de O Português Simples (OPS!), intentar amplialos e chegar a máis público; levalos a institutos, a cursos e secundaria e de finais de primaria. Queriamos facer cursos tamén para empresas e empresarios galegos que queiran acceder a outros paises nos que se fala portugués, como Angola, Brasil ou Portugal.

P ¿En que consisten estes obradoiros?
R
Nós adaptámonos ás necesidades. Os obradoiros que se imparten nos insitutos, están dirixidos a que os rapaces reforcen estatus do seu galego e que vexan que é unha lingua útil, non só aquí, senón que a nivel mundial. Despois, no caso das empresas queremos tamén que se entenda que co galego pódese chegar a lugares onde un empresario de Madrid ou Barcelona tardaría máis en chegar. Nós queixámonos moito das carencias que temos, pero penso que é máis importante aproveitar a potencialidade.

P ¿E que hai dos cursos de Percusión?
R
Tamén estan pensados para institutos e sobre todo primaria, dirixidos polo músico brasileiro Paulo Silva, que vive en Compostela desde hai moitos anos. Non son só de percusión, aínda que a música fai de fío condutor, máis ben é cuestión de coñecer as diferecias e similitudes da cultura galega coa brasileira, as tradicións, a gastronomía... E para que os rapaciños vaian perdéndolle o medo a isto da lusofonía.

P ¿Que prezos terán os cursos?
R
Os obradoiros de Percusións custan 100 euros e duran 50 munutos; os obradoiros OPS! de porugués andan sobre os 160 euros e duran uns 100 nunutos. Poden consultarse con maior detalle os programas no blog http://opsciranda.wordpress.com/ ou achegándose á inauguración do venres.

Comentarios