martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

XOSÉ BARATO, DESDE A CASA

"Escoito moito un directo de Narf; bótase de menos a Fran"

Xosé Barato. EP
Xosé Barato. EP

→ Unha película
Léolo, de Jean Claude Lauzon. Un filme que me emociona máis cada vez que o vexo. Conta a historia dun neno e a súa tolemia familiar da que só pode evadirse a través dos soños.

→ Unha serie
The Wire, un referente. Unha recomendación que vale tanto para os que non a viron, porque é imprescindible para entender todo o que se fixo despois, coma para os que xa a viron, porque seguro que a volverán gozar.

→ Un libro
Unha recomendación moi luguesa e case recén saída do forno. Déixate de Ódegas, de Xosé Manuel Vega, o retrato dun cativo dos Ancares nos anos 60 que, desde un coñecemento profundo dun mundo aparentemente pequeno, se fai universal. 

→ Un disco
Directo en Compostela de Narf, nos últimos anos póñoo moito na casa. Bótaselle en falta o Fran.

→ Outra alternativa 
 O videoxogo The last of us, unha marabilla de historia, cun guión estupendo e moi acaído para a pandemia.

"Escoito moito un directo de Narf; bótase de menos a Fran"
Comentarios