martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

A XLVIII Semana de Música do Corpus contará con "artistas de prestixio internacional"

Presentación da Semana de Música do Corpus, este mércores. CONCELLO
Presentación da Semana de Música do Corpus, este mércores. CONCELLO
Maite Ferreiro presentou edición da cita, que contará cun total de oito concertos gratuítos entre o 22 de maio e o 5 de xuño
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou na mañá deste mércores na presentación da XLVIII edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 22 de maio e o 5 de xuño. A edil de Cultura destacou "a paixón pola música que demostran ano tras ano as veciñas e veciñas de Lugo". A edil de Cultura explicou que "este ano contaremos con oito concertos, que incluirán a artistas e propostas musicais de prestixio internacional".

"Desde a área de Cultura do Concello de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo", explicou Maite Ferreiro.

A entrada aos concertos, que terán lugar no Círculo das Artes, será gratuíta, pero será preciso reservar entrada no portal web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo ata tres horas antes do comezo da actuación.

Programación da XLVIII Semana de Música do Corpus
Sábado, 22 de maio (20:00)
Birthday Party, de Raquel Andueza & La Galanía.

Domingo, 23 de maio (19:00)
Ravel, Respighi e Rodrigo, coa Orquestra Gaos, con Fernando L. Briones á dirección.

Mércores, 26 de maio (20:00)
Amor e Morte (pezas de Beethoven, Chopin, Granados e Liszt), con Kavier Perianes ao Piano.

Xoves, 27 de maio (20:00)
Morte e Resurrección (pezas de R. Strauss & A. Schönberg), co Ensemble Praeteritum.

Sábado, 29 de maio (20:00)
Antonio Caldara e o Violonchelo, interpretado por La Ritirata con Beatriz Oleaga Mancini (mezzo), Eugenia Boix (soprano) e Josetxu Obregón á dirección e violonchelo.

Xoves, 2 de xuño (20:00)
Stabat Mater de Bocherini, interpretado polo Cuarteto Alicerce, con Rosana Orsini e Marco Brescia.

Venres 3 de xuño (20:00)
A música portuguesa no tempo de Magallanes, co Ludovice Ensemble de Portugal, dirixido por Fernando Miguel Jáloto.

Domingo, 5 de xuño (20:00)
Herschel, Hoffmeister & Haydn, interpretados pola orquestra sinfónica Vigo 430, con Marie Chilemme á viola e Isabel Rubio na dirección.

A XLVIII Semana de Música do Corpus contará con "artistas de...
Comentarios