viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

Xabier Queipo: "Había papel hixiénico coa cara de Putin en kiev no 2016"

Xavier Queipo fala en presenza de Abraham Pérez. SEBAS SENANDE
Xavier Queipo fala en presenza de Abraham Pérez. SEBAS SENANDE

O escritor compostelán deu a coñecer os once relatos que forman 'Final feliz', o libro no que fala da guerra e da experiencia de doutor

Xavier Queipo fala con mans de médico, dun xeito limpo e preciso. O compostelán estivo este venres en Lugo para dar a coñecer o libro de contos  Final feliz (Xerais). Hai relatos ambientados na guerra, como Campo de batalla, e relatos ambientados na retagarda, O elevador. O primeiro trata sobre un soldado do exército austrohúgaro e outro do exército prusiano que combaten cerca de Viena. Acaban por encontrarse e por decatarse de que se pode amar o inimigo. "As guerras non son entre persoas, senón entre países e entre reis. A xente de a pé non odia necesariamente, senón por culpa da propaganda. É difícil de crer que os ucraínos odien os rusos", reflexiona o autor, nacido en Compostela en 1957.

O conto O elevador desestrutura esa convición porque sucede en Kiev. Está baseado nunha viaxe que Queipo fixo en 2016. "Xa fora a invasión de Crimea, xa había unha fronte no Donbas, e Kiev era a retagarda. Había un ambiente tenso. Usaban papel hixiénico coa cara de Putin porque sostiña aos separatistas do Donbas".

As memorias de Mijaíl Bulbakóv Confesións dun médico novo inspiraron a Xavier Queipo, tamén doutor —a maiores de biólogo— para escribir Nerea, a historia dun facultativo en prácticas que descubre a enfermidade, estrana, que padece unha nena. A cativa morre porque o médico titular négase a curala ante a chegada do seu descanso de fin de semana. En Paulo de Tarangoña "idealizo un enfermo de cando eu era aprendiz, nos anos 80. Era un aloulado crónico pola medicación que lle daban e cuxa eficacia non se revisaba nunca". Cando lembra os casos que lle deron a trama deses dous relatos, o escritor deixa as mans suspendidas no aire, impactado todavía polas experiencias bárbaras que viviu hai corenta anos.

Xabier Queipo: "Había papel hixiénico coa cara de Putin en kiev no...
Comentarios