Xa podes enviar as túas preguntas para Xosé Antonio Touriñán, que este xoves charla cos lectores

O humorista, actor e presentador comeza a xira final da comedia 'Amigos ata a morte', que visitará Pontevedra, Lugo, Vigo, Ourense, Vilalba...
Xosé Antonio Touriñán
photo_camera Xosé Antonio Touriñán

O cómico, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán manterá este xoves un encontro dixital cos nosos lectores co gallo do arranque da xira final de Amigos para sempre. Xa podes comezar a enviar as túas preguntas para participar no chat.

¿Cómo podes deixar as túas preguntas?

Por Twitter, empregando a etiqueta #PreguntasTouriñan
Por Facebook, deixando en comentarios desta publicación a túa pregunta
Nesta información, escribindo a túa pregunta como un comentario


AMIGOS ATA A MORTE.
Tras dúas exitosas xiras nas que percorreron boa parte dos teatros galegos, Amigos ata a morte inicia agora a tournée final. A primeira parada desta divertida comedia será no auditorio da sede Afundación de Pontevedra o día 10 de marzo. Tras esta data, a obra seguirá o seu tour por Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña...

Amigos ata a morte é unha obra sobre a amizade e o amor, e sobre como estes dous sentimentos poden causar situacións ben problemáticas se se mesturan. É o que lles acontece a Nacho, Ángel e María, os tres protagonistas desta comedia, tres amigos inseparables aos que un xiro inesperado porá patas arriba as súas vidas.

Os protagonistas desta comedia dirixida por Javier Veiga son dous grandes da comedia galega coma Xosé A. Touriñán (Tourilandia, Land Rober, Era visto) e David Amor (Gym Tony, El Club del Chiste, O Rei da Comedia) que, acompañados por Ledicia Sola (Pazo de familia, Amar es para siempre) farán escachar de risa aos asistentes.

Tras a devandita primeira parada pontevedresa, Amigos ata a morte recalará nas seguintes localidades [consulte aquí todos os detalles e o método de compra das entradas]: 

10 de marzo – Teatro Principal, Pontevedra
25 de marzo – Auditorio Municipal, Verín
31 de marzo – Auditorio Carmen Estévez, Vilalba
1 de abril – Auditorio de Galicia, Santiago
7 de abril – Auditorio Municipal, Ourense
8 de abril – Pazo da Cultura, Narón
21 de abril Auditorio Freire, Lugo
22 de abril – Teatro Afundación, Vigo
29 de abril – Teatro Colón, A Coruña

 

Comentarios