miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

DESDE A CASA

Pedro Feijóo: "Ver a Liam Neeson repartir balas e hostias axuda a desconectar"

Pedro Feijóo. VICTORIA RODRÍGUEZ
Pedro Feijóo. VICTORIA RODRÍGUEZ

→ Unha película
Venganza. Ver a alegría coa que Liam Neeson reparte balas, hostias e mamporros axuda a desconectar de tanta angustia cun sorriso indolente nos beizos.


→ Unha serie
Me llamo Earl. Acompañar un fulano que é quen de sacar forzas para terquear con este karma tan fillo de puta que nos acompaña e tentar recuperar o equilibrio provoca agarimo.


→ Un libro
1.080 recetas de cocina, de Simone Ortega. Co ritmo de insensatez que levamos, non tardaremos demasiado en volver estar confinados nas nosas casas por máis tempo do que imaxinamos. E algún día haberá que ir máis alá do pastel de mazá, non?


→ Un disco
Seis suites para cello, de Bach. Sempre atopo consolo na súa beleza. E calquera canción de Los Nikis, comezando por El imperio contraataca. Porque o humor nunca está de máis.


→ Outra alternativa.
Ocórrenseme varias opcións, pero son ilegais, inmorais ou engordan.

Pedro Feijóo: "Ver a Liam Neeson repartir balas e hostias axuda a...
Comentarios