Un homenaje a Rosalía reabre el Panteón

Co recendo da polémica sobre a titularidade do Panteón de Galegos Ilustres aínda fresco, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza este xoves, 15 de xullo, un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro -o 25 de maio de 1891-, e a prol de que se garanta o acceso público ao sacro lugar.

O día en que o Panteón acabou por formar parte da historia de Galicia, foi cando o 25 de maio de 1891 pasou a albergar os restos de Rosalía de Castro, nun sepulcro pagado por emigrantes galegos en Cuba. Deste xeito inaugurouse o que a día de hoxe é un lugar emblemático para todos os galegos. Coñecedores da importancia do recinto, a AELG organizou un acto cívico no día no que se cumpren 125 anos da morte da gran figura cultural galega.

A creación do cortexo cívico contou co apoio e colaboración de diversos colectivos, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Auriense, Maio Longo, Solfa e a Asociación Cultural de Meira, e fundacións como Manuel María e Bautista Álvarez, entre outras moitas.

Un tren chamado Follas Novas
As actividades de homenaxe comezan na estación da Matanza ao carón da casa de Rosalía, onde un tren, identificado como Follas Novas, fai o traxecto Padrón-Compostela. Unha hora antes, na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informou do sentido dos actos, á vez que foi lido un poema de Rosalía de Castro.

Na estación de Compostela agarda a comitiva restante, actuando a banda municipal. Xa en Santiago, o cortexo sae pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde ten lugar unha lectura de poemas de Cantares Gallegos, para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes.

A comitiva da o punto en San Domingos de Bonaval con unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, cando se cumpren 125 anos da súa morte.

O Panteón volve ser dos galegos
Ao longo de máis de un mes, os turistas e veciños de Compostela que se achegaron ao Panteón de Galegos Ilustres, onde, ademais de Rosalía, permenecen os restos mortais de personaxes como Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey ou Castelao, atoparon pechada a verxa de metal que precede á entrada da igrexa.

O motivo era un longo proceso xudicial que se remonta históricamente as desamortizacións do século XIX, cando o ben lle foi expropiado a Igrexa. Dous séculos despois, no ano 2006, o Tribunal Supremo dictou sentencia a favor da titularidade do Arcebispado de Santiago, unha sentencia que foi executada no 2010. Foi entón cando a Igrexa pechou o acceso ao público.

Ante a situación, numerosas agrupaciones culturales comenzaron a protestar polo peche do recinto, protestas que se cristalizaron o pasado martes, cando o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, firmaron un convenio de colaboración para abrir ao público o Panteón de Galegos Ilustres.

A visita ao panteón volve entrar no programa de actividades e funcionamento do Museo do Pobo Galego. Cúmprese así o desexo das diferentes entidades cuturais que solicitaron a apertura do recinto no 125 aniversario da morte da galega máis ilustre.

Comentarios