Una agenda cultural repleta

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación Penzol, inaugurou o pasado luns 7 de xaneiro o Ano de Francisco Fernández del Riego (1913-2010) no día do centenario deste Fillo Predilecto da vila.


O calendario que retomará a traxectoria da figura do intelectual arrincou esta semana cunha misa e ofrenda floral no busto do autor e, finalmente, repasouse a traxectoria do homenaxeado coa proxección do documental Pegadas na memoria.
Fernández del Riego foi impulsor de múltiples proxectos a prol de favorecer a implicación colectiva na realización de novos proxectos culturais, a promoción da nosa lingua e exercendo a creación e edición literaria.


Tamén foi cofundador e presidente da Fundación Penzol ata 2009 e da RAG entre os anos 1997 e 2001. Ademais, foi continuador ideario do Grupo Nós e impulsor do Día das Letras Galegas.


A efeméride alcanzará precisamente este 17 de maio a súa 50ª edición, coincidindo co 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía, algo que non é casualidade xa que o centenario da obra marcou a primeira edición desta celebración.

Estas non son as únicas datas que conmemorará a nosa cultura neste 2013, que se nos presenta como un ano pragado de efemérides ao cumprirse ademais o 50º aniversario da Fundación Penzol, do pasamento do poeta López Abente ou os 150 anos do nacemento de Manuel Lugrís Freire.


Todas as datas están recollidas no Calendario do Libro e da Lectura 2013 en Cultura.xunta.es, onde, ademais, se sinalan os días da poesía, o do libro infantil e xuvenil ou o da edición en Galicia. 

Comentarios