'Honeymoon' encara a recta final da súa rodaxe en Galicia

O conselleiro de Cultura visitou a rodaxe do filme de Enrique Otero, progonizado por Javier Gutiérrez
Jacobo Sutil, Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Román Rodríguez e Enrique Otero. XUNTA
photo_camera Jacobo Sutil, Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Román Rodríguez e Enrique Otero. XUNTA

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o equipo de Honeymoon, a nova longametraxe do director galego Enrique Otero, que afronta a recta final da rodaxe en Galicia. En concreto, estes días o equipo grava no plató instalado na urbanización da Palloza, en Teo (A Coruña), tras o seu paso por Ourense, Culleredo, Arteixo, O Grove e Santiago.

A Xunta contribúe a este novo título audiovisual galego cunha achega de máis de 230.000 euros á empresa ControlZ, produtora do filme xunto con AccaMedia.

Tanto o concelleiro como o director da Agadic, Jacobo Sutil, tiveron a oportunidade de saudar e intercambiar opinións co director Enrique Otero e os protagonistas da película, Nathalie Poza e Javier Gutiérrez, á fronte dun elenco que tamén contou con notables como María Vázquez ou Antonio Durán Morris.

Comentarios