jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

"'Transparent' trata a diversidade sexual nunha familia xudea"

Davide Salvado
Davide Salvado
Davide Salvado, músico. Desde a Casa

→ Unha película
Llamame por tu nombre é  unha historia de amor homosexual. Fíxome sentirme como cando es un neno e sentes admiración polos homes que veñen pola casa, pero non sabes que che pasa.

→ Unha serie
Encantoume Transparent, que botan en Netflix. É unha obra de arte en si mesma e trata as distintas diversidades sexuais. Ocorre nunha familia xudea. Paréceme moi divertida e, ao tempo, profunda.

→ Un libro
Leo bastante poesía,pero o último libro que lin foi La lógica del caballo de Lucy Rees. É un libro de doma natural de cabalo.Temos dous  na casa e teremos tres.

→ Un disco
O último álbum de Caetano Veloso, que gravou en directo acompañado polo seus tres fillos (Tom, Moreno e Zeca), Ofertório. Os tres herdaron a sensibilidade do pai.

→ Unha alternativa
A horta, que me interesa e me dá comer, e nosos cabalos: Branco e Gante.

"'Transparent' trata a diversidade sexual nunha familia xudea"
Comentarios