Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Toundra, Perro e Ànteros, primeiras confirmacións do Esmorga Fest de Sarria

Toundra. FACEBOOK
Toundra. FACEBOOK

A fin de semana do 15 e 16 de marzo terá lugar a quinta edición da cita

O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria.

Xa se adiantaron tres dos grupos que formarán parte do festival. Toundra, Perro e Ànteros son as primeiras bandas dun cartel que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia e que promete manter a liña ascendente que amosou desde a súa orixe.

A fin de semana do 15 e 16 de marzo terá lugar a quinta edición dunha cita que se comezou como unha festa de aniversario duns amigos na que actuaban diferentes bandas e que, co paso do tempo e con esforzo e dedicación, chegou a niveis de repercusión e convocatoria impensables no primeiro momento.

ENTRADAS. A primeira oferta de entradas esgotouse en menos de dúas horas, dando mostra do público que ten conquistado o festival.

As entradas da segunda oferta pódense mercar a prezo reducido a través da páxina web.

Toundra, Perro e Ànteros, primeiras confirmacións do Esmorga Fest...
Comentarios