Todas as boas letras de María Victoria Moreno

Certames, concertos ou presentacións de volumes, entre os actos para lembrar vida e obra da autora homenaxeada no 17 de maio

Mural dedicado a María Victoria Moreno en el IES Torrente Ballester de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Mural dedicado a María Victoria Moreno en el IES Torrente Ballester de Pontevedra. DAVID FREIRE

Na véspera do Día das Letras, este ano adicado a María Victoria Moreno, actos como presentacións de volumes, concertos ou actividades dirixidas á rapazada espállanse por todo o país.

Deste xeito, O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia presentan esta tarde, ás 19.30 horas, na fundación Torrente Ballester de Compostela, o libro É a lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939-Pontevedra, 2005) foi una apaixoada de Federico García Lorca. Esta publicación recolle un artigo pouco coñecido que a cacereña escribiu sobre os Seis poemas galegos do poeta andaluz.

Asimesmo, O Instituto da Lingua Galega da USC pon á disposición do público a través da súa páxina web o novo corpus lingüístico Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, que reúne a produción escrita en lingua galega ao longo dos secúlos XVI, XVII e XVIII e entre a que figuran varios textos descoñecidos ata o momento.

Gondomar ofrece unha multiedición de todos os textos que forman parte do corpus, que inclúe sempre dúas versións, una transcrición paleográfica ou moi conservadora e unha edición interpretativa, con posibilidade de navegar entre unha e otra. Ademais, ofrécese tamén unha reprodución fotográfica dos textos orixinais ou das copias que serviron de base para a edición.

Por outra banda, o auditorio de Afundación de Pontevedra acolle este mércores, ás 21.00 horas, o tradicional Concerto das Letras Galegas que organiza o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Pontevedra, Afundación e Abanca. As entradas están xa esgotadas.

Maximino Zumalave dirixirá a Real Filharmonía de Galicia, que coa soprano Anaís G. Fernández Cenerneira e os coros Sólo Voces -de Lugo-, Collegium Compostellanum e Coro de Cámara Rías Baixas interpretarán un repertorio de raíz galega e literaria.

PREMIOS. A biblioteca de Outeiro de Rei acaba de dar a coñecer a relación de premiados do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018. En debuxo, na categoría de ata 8 anos os premios, neste orden, foron, para Carla Hernández González, Carla Lence Liste e Cora Hernández Souto. Olivia Vázquez Zapata e Galia Cabarcos Varela fixéronse cun accesit.

Na categoría B, de 9 a 11 anos, gañaron Andrés Muíño Murado, Xiana Fra Tubío e Patricia Martiínez Fraga. E na categoría C, de 12 a 16 anos, conseguiron galardóns Isara Longarela Fernández e Nera Fernández Pin.

En narración, e ata 8 anos, os vencedores foron Brais García Veiga, iris Peña Piñeiro e Sergi Castro Anguita. O accesit foi para Jimena Boo Hernansanz. Na categoría B. de 9 a 11 anos, os premios foron para Ada Longarela Fernández, Uxía Parga Fra e Lagoa Araújo González.

USC. Como cada ano, a Universidade de Santiago celebra o Día das Letras coa presentación dun volume elaborado polo Departamento de Filoloxía Galega. Nesta ocasión, María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia, coordinado pola profesora Blanca Roig Rechou. Despois da presentación do volume, o académico Xesús Alonso Montero pronunciará unha conferencia.

Comentarios