Domingo. 24.03.2019 |
El tiempo
Domingo. 24.03.2019
El tiempo

Táboa Redonda aspira aos Premios do Libro

Táboa Redonda
Táboa Redonda

Escritores, editores e libreiros galegos nominaron por votación o suplemento na categoría de Xornalismo Cultural para os seus galardóns, que se fallan o día 11 de maio

O suplemento de cultura Táboa Redonda, que se publica cada domingo con Diario de Pontevedra e El Progreso, foi nominado aos premios da IV Gala do Libro Galego, que promoven a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

Táboa Redonda, coordinado por Santiago Jaureguizar, foi seleccionado na categoría de Xornalismo Cultural cos votos dos escritores, os editores e os libreiros de Galicia xunto cos xornalistas Daniel Salgado (Monterroso, 1981), Montse Dopico (A Pontenova, 1977), a revista Luzes -que codirixe o monfortino Xosé Manuel Pereiro- e o crítico literario Ramón Nicolás. A entrega dos galardóns terá lugar o sábado 11 de maio en Santiago.

FUNDACIÓN. O promotor de Táboa Redonda foi Ánxel Fole, que a concebiu como un espazo para investigacións e colaboracións literarias dos escritores galegos máis destacados do seu tempo. A prioridade de Fole foi dar a coñecer autores que daquela publicaban os seus primeiros textos e hoxe son reputados poetas da Xeración dos 80; como é o caso de Darío Xohán Cabana, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel ou Claudio Rodríguez Fer.

O suplemento mantívose ata o fins do século pasado e foi recuperado en setembro de 2015 polo daquela director de El Progreso, Lois Caeiro.

O espírito de Táboa Redonda nesta segunda época é tratar a cultura galega como unha parte do escenario internacional. Todas as semanas dedica unha grande reportaxe a un artista ou científico, a unha obra ou a un movemento que teña trascendencia sen estar sometido necesariamente á actualidade. O suplemento complétase cunha serie de firmas que manteñen o equilibrio entre o literario e o divulgativo propio da prensa.

Táboa Redonda aspira aos Premios do Libro
Comentarios