sábado. 20.07.2019 |
El tiempo
sábado. 20.07.2019
El tiempo

O Son do Camiño permitirá acceder con comida do exterior

Entrada ao recinto do Son do Camiño. TWITTER
Entrada ao recinto do Son do Camiño. TWITTER

A organización lembra que se prohíbe a entrada con bebidas ao recinto

O festival O Son do Camiño permitirá acceder con comida do exterior, segundo informa Facua, após as denuncias que esta organización en defensa do consumidor interpuxo a varios festivais. 

Nun comunicado, Facua indica que os organizadores lle confirmaron que "efectivamente está permitido introducir comida do exterior", pero que segue prohibindo a entrada con bebidas porque "entre o público haberá menores" e "pensando na súa seguridade". En calquera caso, dentro do recinto haberá "puntos de auga gratuítos en varias localizacións". 

O Son do Camiño celébrase desde este xoves 13 e ata o sábado 15 no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, onde está prevista a asistencia dunhas 30.000 persoas por día. 
 

O Son do Camiño permitirá acceder con comida do exterior
Comentarios