O Son do Camiño pecha o cartel con grupos como Lost Frequencies, Residente ou Terbutalina

As entradas para cada unha das xornadas do festival poñeranse á venda o próximo mércores

A próxima semana, o mércores 18, sairán á venda as entradas, a 39 euros máis gastos de envío, para cada unha das xornadas do festival O Son do Camiño, que se celebrará en Compostela entre o 28 e o 30 de xuño, segundo anunciou este mércores a organización.

Nun comunicado, os organizadores sinalan que se engadiron sete novas bandas ao cartel e informan da distribución final por días das bandas.

Deste xeito, incorpórase o picadiscos belga Lost Frequencies e Residente, fundador e vocalista e de Calle 13 que vén de gañar o Grammy Latino ao Mellor álbum de rock, urbano e música alternativa, ademais do holandés Don Diablo, República, unha banda de rock do Brasil, a mítica Terbutalina, os mallorquinos L.A., liderados por Luis Alberto Segura, e os madrileños Sexy Zebras co seu directo desenfrenado. 

En canto á distribución, o xoves 28 de xuño será a quenda para The Killers, Franz Ferdinand, Lost Frequencies, Carlos Sadness, Talisco, Triángulo de Amor Bizarro, República, Rufus T. Firefly, Sexy Zebras ou Agoraphobia, entre outros.

A xornada do venres terá como prato forte a Jamiroquai, ao que acompañarán, entre outros, Don Diablo, Residente, A M.O.D.A., The Gift, Toundra, L.A., Malandrómeda e Furious Monkey House.

E xa o sábado 30 de xuño actuarán Lenny Kravitz, Martin Garrix, Mando Diao, León Benavente, C. Tangana, Novedades Carminha, Morgan, Eladio e Los Seres Queridos e Terbutalina.

Comentarios