jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

BEATRIZ SERÉN, ACTRIZ E PRESENTADORA. DESDE A CASA

"En 'Slumdog Millionaire' rebélanse contra o que está escrito"

Beatriz Serén. EP
Beatriz Serén. EP

→ Unha película
Recomendo Slumdog millionaire. Nesa película Danny Boyle ofrece un espectáculo fascinante onde nos presenta varios supervivintes que consiguen superar todas as adversidades que lles pon diante a fortuna, e que se rebelan ante o que parece que está escrito, cunha gran historia de amor.

→ Unha serie
The affair. É unha serie que conta a mesma realidade desde os dous puntos de vista distintos, os que ten cada  protagonista. Está moi ben feita, e resulta moi interesante comprobar como para dúas persoas, un mesmo feito, se vive  desde dous universos completamente diferentes.

→ Un libro
Mujeres de Eduardo Galeano. Lectura imprescindible. "La hipocresía del machismo está en castigar en la mujer lo que aplauden del hombre".

→ Un disco
(What’s the Story) Morning Glory? Do ano 1995. Foi o segundo álbum de Oasis. É un chute de enerxía e sensacións.

"En 'Slumdog Millionaire' rebélanse contra o que está escrito"
Comentarios