Siniestro Total renuncia al Premio de la Música a la mejor canción en gallego

O grupo vigués Siniestro Total renunciou á candidatura 'Mellor canción en galego' da XV edición dos Premios da Música. Fíxoo o mesmo día no que lle foi comunicada a nova mediante unha misiva remitida á Academia. A banda que lle cantaba á Miña terra galega e se preguntaba A onde vas rapaz? nos primeiros anos do Xabarín, e que opta tamén ao galardón polo 'Mellor disco de rock' con Country and Western, manifesta sentirse "moi orgullosa" de ter sido nominada, mais consideran que "non é xusto que nos outorguen dito premio".

Según a carta, redactada desde "algún lugar de Galicia", os Siniestro Total entenden que, pese a que a presencia do galego nos seus discos é "tan habitual que case podería realizarse algún compilado só cos temas editados" nesta lingua, o feito de que só un tema sexa proposto para converterse en mellor canción fai que "aqueles grupos que apostan totalmente pola nosa lingua propia sexan merecedores de tal premio, e nós non o somos".



Por isto, fan un chamamento a aqueles que pensaban darlle o seu voto ao tema, Quen me dera na casiña, e pídenlles que non o fagan, solicitando que o tema da banda quede fóra da elección entre os finalistas a este galardón. Os de Vigo competían contra Berrogüeto, con Alalá da noite; Mercedes Peón, con Derorán; Cristina Pato e Rosa Cedrón, con Negro Caravel.

Comentarios