Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o sábado 4 de maio

Concierto de Sés en Sarria. PORTO
Concierto de Sés en Sarria. PORTO

A artista galega actuará no Auditorio Hernán Naval

A artista galega Sés presentará en Ribadeo o vindeiro sábado 4 de maio no Auditorio Hernán Naval o seu novo disco, Rabia ao Silencio, no que propón un traballo acústico e máis íntimo.

Rabia ao Silencio é un traballo composto por unha recompilación de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora, ligadas ao pobo do que emanaron, desde ultramar (Cuba, Arxentina ou Brasil) até a Península, con sons de Zeca Afonso, Fuxan vos Ventos ou Mercedes Sosa.

Segundo a propia autora, o disco responde a unha débeda contraída con quen lle ensinou a narrar a verdadeira historia e non a dos vencedores. "Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferenza, o individualismo e a covardía, Rabia ao silencio era unha obrigación para min", expresou.

As entradas para o concerto están á venda en ticketea.com. A súa xira por Galicia inclúe tamén un concerto no Auditorio municipal de Ourense o 11 de maio e no Teatro Jofre de Ferrol o 19.

Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o sábado 4 de maio
Comentarios