sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

A Semana do Corpus de Lugo mantén a esencia barroca con Lina Tur e Carlos Mena

José Luis Díaz e Maite Ferreiro amosan o cartel da Semana do Corpus /SEBAS SENANDE
José Luis Díaz e Maite Ferreiro amosan o cartel da Semana do Corpus /SEBAS SENANDE

O festival consistirá en nove concertos que se estenderán dende o día 21 ata o 8 de xuño. No programa destacan Accademia del Piaccere e Sofya Melikyan, e terá presenza galega coa Orquestra 430 e o Trío Castelao

O director da Semana do Corpus de Lugo, José Luis Díaz, sinalou este mércores que o festival de música mantén a preponderancia do barroco no seu programa coa presencia este ano de Lina Tur, Carlos Mena e Accademia del Piacere. Tanto ese estilo como a música antiga supoñen a maioría dos nove concertos do certame, que se celebrará entre o día 21 deste mes e o 8 de xuño. O barroco soará tamén con Accademia del Piaccere, Lucie Horsch, a  Orquestra Barroca Vigo 430 e Jorge Jiménez. Accademia del Piaccere abrirá a relación de concertos o día 21, sábado. Este sexteto está na vangarda pola súa concepción da música histórica como un elemento vivo.

O día 25, mércores, a Semana do Corpus atende outra das súas identidades: situar intérpretes galegos no escenario principal. O Trío Castelao, composto por músicos formados nos Estados Unidos, tocarán pezas de Françaix, Durán e Beethoven. A pianista Sofya Melikyan fará  soar obras de Fauré, Franck, Mompou e Liszt ao día seguinte, o 26. José Luis Díaz presentouna como "a pianista de primeiro nivel que traemos todos os anos".

Concertos para frauta de pico de Bach, Vivaldi e Sanmartini forman o programa co que comparece Lucie Horns, unha artista "moi nova" —ten 22 anos— "que foi seleccionada este ano pola Asociación de Salas de Concertos de Europa", subliñou o director do certame. Detrás dela vai estar a Orquestra Barroca 430 de Vigo, "a única de Galicia". Jorge Jiménez tivo a audacia de atreverse a reescribir as ‘Variacións Goldberg’ para interpretalas a piano. Vai tocalas en Lugo baixo o título de Rethinking Bach o próximo día 31.

Todos os concertos da Semana do Corpus celebraranse ás 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo coa excepción deste de Jorge Jiménez, que se fará no conservatorio de música.

O contratenor Carlos Mena completa o ciclo o día 8 de xuño acompañado polo violinista e director Daniel Pinteño farán soar Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real


Xuño comezará musicalmente o día 2 con un estilo distinto ao preeminente barroquismo do festival. Gustavo Beytelmann, un dos últimos pianistas que acompañou a Astor Piazzolla, protagoniza o trío Patagonia Express, que chega cun repertorio do disco Piazzolla: Ruta 100, que logrou un notable predicamento en Europa este ano.

Musica Alchemica, que dirixe a violinista Lina Tur, actuará o día 4 de xuño. De Tur, remarcouse "o seu virtuosismo combinado cunha musicalidade pouco común e a súa enerxía sobre o escenario".  Interpretarán A beleza/Biber 1681 incluye obras diversas do Stylus Fantasticus do bohemio H.I.F. von Biber.

O contratenor Carlos Mena completa o ciclo o día 8 de xuño acompañado polo violinista e director Daniel Pinteño farán soar Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real. O director da Semana do Corpus aclarou que "non hai moita música española para castrados", polo que este concerto reivindicará os máis destacados que compuxeron "para a festa relixiosa que era a máis destacada do ano"

José Luis Díaz —que presentaba o certame xunto á concelleira de Cultura, Maite Ferreiro— remarcou que "a Semana do Corpus acada as 49 edicións sendo o festival de música culta máis antigo de Galicia e uns dos máis antigos do Estado". Como conclusión do programa apreciou que "soará música de catro séculos,entre o XVII e o XX". 

A Semana do Corpus de Lugo mantén a esencia barroca con Lina Tur e...
Comentarios