Sanxenxo acolle os espectáculos do Magic Festival

A Praza dos Barcos, ubicada no Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo (Pontevedra) acollerá hoxe a quinta edición do Magic Festival, unha iniciativa aberta a un público de tódalas idades. Este espectáculo pioneiro en Galicia reunirá nesta ocasión a algúns dos magos máis coñecidos do panorama nacional e internacional.

Así, a partires das 22:30 horas, actuará o ilusionista Pedro Volta que ademais será o encargado de presentar os números de manipulación con bolas do tamén galego Román García e o show internacional dos magos holandeses Oscar, Renzo e Mara.

O Magic Festival 5.0 é unha novidosa  montaxe que conta cun decorado no que se poderán ver reproducións de dous metros de carteis antigos de Harry Houdini, iluminación con robótica e dúas pantallas xigantes para que o público non perda detalle de todo o que acontecerá no escenario. “Deste xeito agardamos que un grande número de veciños e visitantes do municipio se acheguen á praza dos Barcos para gozar deste show que ten un carácter gratuíto”, sinalou á edil de Cultura, Paz Lago.

Comentarios