Rihanna xoga nos cines a Afundir a frota

Taylor Kitsch e Rihanna protagonizan unha das estreas da semana, Battleship, inspirada no xogo
Afundir a frota, que comparte espazo na carteleira coa española Madrid, 1987, de David Trueba e cuxa repartición encabezan María Valverde e José Sacristán.

Inofensivas sobre o taboleiro, as batallas do popular xogo Afundir a frota serven de inspiración
a Battleship, un filme no que a armada dos Estados Unidos se enfronta a unha frota alieníxena
que ameaza con extinguir a raza humana usando para iso poderosas máquinas de matar. A cantante Rihanna debuta na gran pantalla cunha longa de Peter Berg.Taylor Kitsch, Brooklyn Decker e Alexander Skarsgård, entre outros, completan a repartición.


Os camiños de Miguel, un veterano e respectado articulista, e Ángela, unha moza estudante de
Xornalismo, crúzanse en Madrid, 1987, desencadeándose entre eles unha peculiar relación marcada polo desexo, a inspiración e as perspectivas profesionais. José Sacristán e María Valverde rodan ás ordes de David Trueba, quen contou, ademais, con Ramon Fontserè e Eduardo Antuña.

Elena Anaya forma parte da repartición de Cairo Time, encabezada por Patricia Clarkson,
Alexander Siddig e Tom McCamus. A canadense Ruba Nadda dirixe este filme que relata a historia de amor xurdida entre unha editora de moda casada e un amigo do marido, enviado por este para que acompañe a súa muller nunhas vacacións en Exipto.

Outras novidades
‘ALPS’ Facerse pasar por falecidos a petición dos seus familiares ou amigos. Ese é
o traballo da enfermeira, o condutor de ambulancia, o ximnasta e o adestrador de ALPS, empresa que opera baixo o réxime disciplinario do seu xefe, Mont Blanc. É un filme do grego Lanthimos.

‘De Nicolas a Sarkozy’ A cinta retrotráenos a maio de 2007, momento no que o actual presidente de Francia ultimaba os detalles do seu meteórico ascenso ao poder tras anos de enganos, trucos e enfrontamentos políticos.

Comentarios