lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

Réquiem por el cine gallego

flocos.jpg
flocos.jpg

A plataforma audiovisual Flocos.tv ofrecía ata esta semana un amplo catálogo gratuíto de producións galegas. A iniciativa, creada no 2008 polo bipartito, foi finalmente abandonada polo Goberno de Feijóo cando formaba parte da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

'A navalla suíza', empresa encargada de xestionar a plataforma, recibiu un aviso por parte de Agadic para "comunicar o peche" da web, decisión que Juan Carlos Fernández Fasero, director do organismo, xustifica porque "o prezo que nos pedían é un prezo non asumible". Sobre o futuro dos contidos aloxados en Flocos.tv, Fasero afirma que están a realizar "unha reorganización da páxina de Agadic". Segundo o director de Agadic, "non podemos tomar decisións sen contar coa opinión dos produtores" e non lle consta "ningunha autorización" sobre as producións, polo que aínda se descoñece se os contidos anteriormente aloxados na plataforma audiovisual volverán contar cun espazo financiado pola administración.  

Os antigos usuarios de Flocos.tv non se resignan a chorar pola morte de plataforma e novas iniciativas aparecen cada día. É o caso dunha das ideas suxeridas na organización de crowdsourcing GalegoLab. Un dos seus usuarios propuxo recuperar os contidos que se atopaban anteriormente en Flocos.tv para envorcalos nunha nova plataforma que funcionaría sen ánimo de lucro, onde os únicos gastos serían os correspondentes ao mantemento e hosting da web. Ademais, tamén sería necesario un equipo que se encargase da coordinación para volver pór en marcha o proxecto. Tras rescatar este material, outros creadores audiovisuais poderían contribuír a aumentar o catálogo de producións incluíndo as súas obras na plataforma.

Non é a única reacción que provocou o peche desta web. Tamén está o blogue Cinema Galego, aínda que neste caso non se pretende substituír a Flocos.tv, senón que, segundo os seus creadores, a intención é crear un "índice do material de autores galegos que xa está na rede". Polo tanto, as producións non se aloxan no propio blogue, senón que se remite á súa localización noutros servizos gratuítos como Youtube, Vimeo ou a propia páxina web dos creadores. As redes sociais tamén reclaman a volta do portal, como polo exemplo o grupo de Facebook Pola reactivación de Flocos.Tv, con máis de mil seguidores.

Réquiem por el cine gallego
Comentarios