jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

A "repetición" na obra '7' válelle ao vilalbés Mauro Trastoy o premio Díaz Pardo

O artista logrou o galardón que dá a Deputación coruñesa ► "Non ten que ver co feminismo, con que eu o sexa ou non", di
 

Mauro Trastoy ten os ollos claros, o pelo esbrancuxado e unha lingua que non para quieta. Cando explica a obra 7, coa que gañou este martes o certame Díaz Pardo que concede a Deputación coruñesa, expresa ideas complexas que se amorean unhas sobre outras como se formasen unha letanía ata que se detén, preocupado. "Non sei se me estou explicando ben", pregunta a cada pouco. E volve empezar.

"Teño pouca paciencia", admite este artista fillo de vilalbeses, que fai un traballo lento e repetitivo, que parece responder a unha disciplina para refrear o seu nervio. A peza galardoada é un cadro de forma cadrada cuberto por unha tea de la branca sobre arpilleira da mesma cor na que hai nús mínimos e infinitos, aínda que "o importante non é o bordado nin o punto de cruz, senón a trama e a urda". Trastoy rexeita que se relacionen esa técnica e ese material con mulleres. "Non me gusta esa lectura feminista, non vai por aí; independentemente de que eu sexa feminista ou deixe de selo non ten nada que ver con iso", apunta o creador, quen si acepta o vínculo coa tradición.

A súa inspiración parte do borrado das fronteiras entre arte, artesanía e deseño. Trastoy explica que hai un tempo tocou "teito" na pintura e na escultura, e empezou a "experimentar cos papeis que tiña polo estudo", abrindo un camiño a novos formatos e materiais que o conduciu "hai ano e medio" a traballos nos que vai "repetindo xestos". O artista asegura que carece dun destino previsto e que depende "de que cometa fallos" nas repeticións que vai facendo para xerar unha peza.

O xurado elixiu por unanimidade a obra 7 porque consigue "renovar a tradición da pintura" reivindicando ao mismo tempo as "tradicións artesanais".

A obra foi seleccionada entre vinte finalistas o seu creador recibirá 6.500 euros.

Sen ser | A serie exponse en Ourense 
A peza 7 relaciónase coa serie Sen ser, que Mauro Trastoy vén presentando na galería Marisa Marimón de Ourense nunha exposición que rematará o vindeiro día 22. A mostra está composta por unhas pezas de arpilleira e la en punto de cruz, e por unha cerámica de churros, que é a máis tradicional. 

Formatos 
"Sen ser xoga con formatos de pintura que non é pintura e de escultura que non é escultura", indica o artista para explicar a rutura de disciplinas.

A "repetición" na obra '7' válelle ao vilalbés Mauro Trastoy o...
Comentarios