A Real Academia Galega pon en marcha a expulsión de Méndez Ferrín

O escritor ourensán decidira deixar a presidencia da institución hai cinco anos

Xosé Luís Méndez Ferrín. EFE
photo_camera Xosé Luís Méndez Ferrín. EFE (ARQUIVO)

O pleno da Real Academia Galega acordou este sábado enviarlle unha carta a Xosé Luís Méndez Ferrín, que decidiu hai cinco anos deixar a presidencia e a pertanza á entidade, para que decida reincorporarse á institución ou, no caso contrario, tramitarán a súa expulsión.

De feito, o escritor ourensán xa non forma parte dos integrantes do pleno na web da RAG, ao que si se incorporará Ana Romaní para ocupar a vacante de Xohana Torres, falecida o pasado mes de setembro.
 

Comentarios