Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

A RAG homenaxea Manuel María en Monforte

Retrato de Manuel María realizado por Maximiliano López por encargo do Instituto A Pinguela de Monforte
Retrato de Manuel María realizado por Maximiliano López por encargo do Instituto A Pinguela de Monforte
A cita será este sábado na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. No acto participarán o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, a académica Margarita Ledo, Antón Lopo e Lois Diéguez

A Real Academia Galega (RAG) homenaxeará este sábado en Monforte de Lemos  o escritor Manuel María, a quen xa rendeu homenaxe no Día das Letras Galegas na súa terra natal, no municipio de Outeiro de Rei.

Agora, segundo informa a propia RAG, terá lugar unha homenaxe na localidade onde viviu durante varias décadas. En concreto, será cun acto literario e musical, organizado en colaboración co Concello e aberto a todos os veciños e veciñas da localidade.

A celebración terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, a partir das 12:00 horas. Logo da apertura do acto por parte do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o alcalde, José Tomé Roca, lembrarán a figura de Manuel María a académica Margarita Ledo, Antón Lopo e Lois Diéguez.

O público poderá escoitar, ademais, versos do protagonista do Día das Letras galegas na voz dos académicos Fina Casalderrey e Salvador García-Bodaño, de Manuel Rajo, amigo persoal do poeta, e de alumnos e alumnas dos institutos Daviña Rey, Río Cabe e A Pinguela. A parte musical correrá a cargo do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez.

A RAG homenaxea Manuel María en Monforte
Comentarios