viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

"Queremos que Afonso X O Sabio sexa un símbolo de Galicia no mundo enteiro"

Rosario Álvarez, presidenta do CCG, durante a presentación da exposición. SEBAS SENANDE
Rosario Álvarez, presidenta do CCG, durante a presentación da exposición. SEBAS SENANDE
A Capela de Santa María abre ao público unha exposición arredor da figura do monarca e a súa conexión co territorio e o idioma galego ► Afonso X e Galicia é unha mostra que busca romper mitos e falar sobre as obsesións do rei e episodios menos coñecidos da súa vida

Afonso X O Sabio volveu a Lugo, pero cuns días de retraso segundo o previsto. A exposición itinerante Afonso X e Galicia tiña que chegar á Capela de Santa María coincidido coa efeméride do 800º aniversario do nacemento do monarca, pero faino na mesma semana. Onte abriu as súas portas ao público.

"Esta mostra chega nun momento no que é lindante co presente, nun momento de patrimonio multicultural", afirmou Luciano Pérez Díaz, experto do Centrad en instrumentos musicais que forman a propia mostra.

Ao acto de inauguración acudiron tamén representantes da Deputación da Ourense, un dos órganos impulsores da colección itinerante; o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez.

"Queriamos facer unha exposición de luces e de sombras, amosando tamén o negativo dunha época de moitos avances pero tamén que padecía dos males do seu tempo", resaltou Álvarez. "Esta mostra viaxará a América e o resto de Europa, queremos facer de Afonso X O Sabio un símbolo de Galicia no mundo enteiro".

Na sala central da Capela de Santa María atópanse 6 torres con imaxes da época afonsina e vídeos de expertos. No alto das paredes da nave hai dúas pantallas coordinadas co fío musical que amosan a cantiga escrita ao tempo que soa. Tamén é destacable unha liña temporal móbil que avanza na Historia segundo acontece.

No fondo do espazo atopamos un hemiciclo no que amosan os detalles pormenorizados da obra e creación de Afonso X.

"La astrología era la materia más importante para el monarca, más que la política o la justicia, y la mayoría de su trabajo escrito versa sobre ello. La imagen del escorpión lo obsesionaba", explicó Antoni Rossell, comisario da exposición.

Afonso X e Galicia xa pasou pola cidade de Ourense e Santiago de Compostela, ademais de Barcelona, e na primavera marchará de Lugo. Algo inédito é o carácter de deslocalización da mostra, sinalaron os organizadores.

Na Capela de Santa María non hai elementos físicos expostos, salvo a propia colección de instrumentos musicais, nin traídos doutros espazos. Búscase que o público se achegue aos lugares que os conservan orixinariamente. Algo que tamén se debe, Rossell apuntou, a que "los seguros de transporte de arte son desorbitados".

"Alfonso X quería ser emperador de Europa, algo exigible por parte materna, pero entraba en conflictos papales. Entonces pidió ser emperador de los reinos ibéricos. Para ello creó las Cantigas de Santa María, un instrumento de internacionalización tal y como lo entendemos hoy en día con la globalización", apuntou Rossell.

Na ábsida da sala atópanse zanfonas e outros instrumentos ao tempo que analizan as letras e labores de tradución do hebreo e do árabe feitos de xeito pioneiro.

"En esta época el gallego era mucho más prestigioso que el castellano o el catalán. El gallego era la lengua de la cultura y escribir en ese idioma era buscar el reconocimiento a nivel internacional", indicou Rossell.

Tamén hai espazo a lembrar o escuro da época, como as obsesión de Afonso X cara as meigas e maxia negra. A mostra recolle textos sobre obscenidade e persución a mulleres e un panel téxtil sobre as enfermidades que atormentaron a familia real.

"Queremos que Afonso X O Sabio sexa un símbolo de Galicia no mundo...
Comentarios