Puchades dona ao Museo de Lugo tres bosquexos

O artista afincado en Mondoñedo vén de clausurar unha exposición na institución

Bosquexos de 'Mariñeiros de Brega'. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
photo_camera Bosquexos de 'Mariñeiros de Brega'. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

O artista Juan Puchades, afincado en Mondoñedo, realizou unha doazón, para os fondos do Museo Provincial, de tres pequenos bosquexos realizados no ano 1974 para a realización da estatua 'Mariñeiros na Brega', que pode verse no Museo Provincial.

Esta peza amosa unha representación de dous mariñeiros tirando dun cabo que suxeita a proa dunha embarcación. A peza feita en ferro e rematada en 1975, acadou o primeiro premio no Concurso-Exposición Bimilenario de Lugo, e foi unha doazón do Patronato ao Museo Provincial de Lugo.

"A obra 'Mariñeiros na Brega' é un claro exemplo da grandiosidade do traballo de Juan Puchades, que a día de hoxe sigue vivinte. Por iso a doazón destes bosquexos contribúen a poñer en valor, máis se cabe, a obra deste artista singular", sinalou Pilar García Porto, deputada de Cultura.

O Museo Provincial vén de clausurar a exposición 'Modelando vidas', coa que se fixo un percorrido antolóxico pola obra deste artista. Ademais, a Deputación editou un catálogo coas pezas que se exhibiron durante estes días no Museo. Juan Bautista Puchades Quilis, escultor e docente, naceu en Valencia o 16 de marzo de 1934.

Comentarios