lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Las promesas del nuevo circo se citan en Compostela

Un total de 70 novos artistas e profesionais das artes circenses e escénicas en xeral daranse cita do 17 ao 26 de xuño en Santiago de Compostela con motivo do I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe que, baixo o título xenérico de Circo Europa, organizará o Centro Dramático Galego (CDG) co Salón Teatro como escenario principal. Ademais, a compañía pública compartirá esta experiencia internacional tanto coa comunidade artística do novo circo galego como co público compostelán, desenvolvendo un programa que conxuga as accións estritamente formativas coa exhibición de espectáculos.

O encontro desenvólvese ao abeiro do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE), iniciativa europea de apoio aos artistas emerxentes no ámbito do novo circo que promove a asociación francesa homónima e na que o CDG participa en representación da Península Ibérica.

A comisión artística de JTCE foi a encargada de seleccionar os 21 novos creadores europeos --sete deles galegos-- convidados a participar nas actividades formativas de Circo Europa do 17 ao 26 de xuño: dez intensas xornadas de traballo de adestramento, ensaio e intercambio de experiencias baixo a coordinación da coreógrafa Fatou Traouré e do autor, director e intérprete Jean-Michel Guy, presidente así mesmo do xurado de Jeunes Talents Cirque Europe. Seis mestres galegos apoiaranos á hora de abordar as diferentes disciplinas vinculadas ao novo circo como xénero escénico.

Ao tempo, e coincidindo coa actuación en Santiago da Merce Cunningham Dance Company dentro da programación do Xacobeo 2010, os participantes terán a oportunidade de asistir o día 23 a unha master class cos integrantes da compañía norteamericana. As actividades formativas complementaranse con varios debates abertos tanto ao resto de artistas interesados, calquera que sexa a súa disciplina, coma ao público xeral.

No programa de exhibición o Salón Teatro acollerá os espectáculos Rúa Aire da compañía galega O Retrete de Dorian Gray (martes 22, ás 21.30 h) e Mi otro yo da formación hispano-belga Doble Mandoble (sábado 26 e domingo 27 ás 21.30 h), así como a Circo Europa Party (martes 29, ás 21.30) que porá o colofón a esta primeira edición do Encontro Jeunes Talents Cirque Europe.

Las promesas del nuevo circo se citan en Compostela
Comentarios