lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Loureiro: "En A Porta do Alén se pasa dende o lado dos vivos ao lado dos mortos"

Manel Loureiro. JAVIER CERVERA
Manel Loureiro. JAVIER CERVERA
O reto non era fácil: unha muller chega a Galciia para tratar de salvar o fillo cunha cura tradicional. Manel Loureiro (Pontevedra, 1975) sabe que nas novelas non se matan nin nenos nin gatiños". Ese é o punto de partida e a solución de La Puerta, a súa nova novela

LA PUERTA é a estrea no thriller de Manel Loureiro. Deu o salto cunha novela complexa ambientada en Galicia, que recoñece que non tería escrito hai tres ou catro anos por falta de "técnica e madurez narrativas".

A proposta da novela é dura: unha muller desesperada cun neno que vai morrer.

La Puerta toca os paus da enfermidade dun ser querido, a morte e o sacrificio. Tratei de non ser sórdido e de entender a dureza. A protagonista, Raquel Colina, non ten nada máis na vida que ese fillo.

Raquel é racional, traballa nun servizo de investigación científica da Garda Civil, o Equipo de Investigaciones Oculares; pero deposita a confianza da curación a unha menciñeira. É unha valenciana asentada en Madrid que nunca estivera en Galicia, pero trasládase para traballar e poder salvalo.

Para ela non é negociable que morra. É racional; soamente coñece os feitos polo mensurable, por tocar. Dá ese salto de crer que unha menciñeira pode curar o fillo porque está sometida a unha presión forte.

Establécese nun lugar cerca de Viascón, a 10 quilómetros de Pontevedra. Vostede naceu nesa cidade e vive nela.

A maioría da xente de fóra coñece Santiago, Sanxenxo e Fisterra, pero non a Galicia interior. Cando chega houbo unha morte ritual no monte do Seixo.

A señora que lle aluga a casa desvívese por atendela a ela e máis ao neno. Desconcerta nun galego do ámbito rural. Os medos.

A novela está ambientada nun lugar onde os veciños son desconfiados e hai secretos. A súa relación é con dous ou tres. Os outros está agochados. Que unha muller maior da Galicia se comporte así é case imposible.

Ao final da novela enténdese o motivo, pero non imos contalo. Esa morte ritual da que me falaba prodúcese no monte do Seixo, un alto situado a uns 13 quilómetros de Pontevedra, non lonxe de Viascón. Nese alto está Portalén (A Porta do Alén), unha formación con dúas pedras verticais entre as que está encaixada outra. Alí aparece o cadáver dunha rapaza coidadosamente peiteada e co corazón na man.

As fins de semana dende hai dous anos saio de Pontevedra en quad para desintoxicarme. Nunha delas fun en dirección contraria e perdínme. Aparecín na cima do Seixo. Estaba rebentado. Era novembro e xa se fixera a noite. A Porta do Alén ten unha enerxía especial. Cando me dei de conta ao redor de Portalén había flores, plantas, botellas de viño e velas. É un monumento de culto milenario que segue en uso. Os veciños da zona subían para cruzar do lado dos vivos ao lado dos mortos. Hai un ara solar, un lugar de culto ao Sol, sobre o que puxeron unha cruz. Está no punto máis alto, a mil metros de altitude.

A través da porta vese un menhir, O Marco do Vento.

No solsticio de inverno pode verse o sol poñerse polo menhir a través da porta.

Fáleme do ritual de atravesar A Porta do Alén. Debe facerse de norte a sur.

Os veciños cruzan do lado dos vivos ao dos mortos para preguntarlles algo e reciben a resposta no vento. Deben cruzar de novo para non quedar do lado dos mortos.

A crenza mantense dende a Idade de Bronce.

O meu traballo de campo é que hai un vencello entre a xente do Seixo e o cumio que é emocional, non soamente económico.

Como logrou que os veciños lle revelasen eses ritos tan íntimos.

Volvín ao monte do Seixo. Conteilles que era periodista, que quería escribir sobre ese lugar. Despois de catro veces empecei a ter confianza con eles e comezaron a falar. Unha señora de 90 anos contoume cousas. É unha crenza moi arraigada. Portalén é un lugar de referencia como son as capelas.

Hai máis visitantes que os veciños da contorna.

Ao pé da Porta do Alén atopei restos dunha carta en xaponés e moedas xaponesas, fogueiras, bandeiras,...

"Non ves a Compaña, pero as referencias están aí"

La Puerta empeza cun crime que cumpre un rito e o trascendente ten moita importancia, pero a trama non se separa da realidade. Evitou o esotérico.

Quixen contar un thriller, algo real; saír da miña zona de control. Apetecíame saír do tipo de novela que xa me funcionara. A xente necesita evasión, un thriller no que pase as páxinas con intriga.

Escribe un thriller, pero volve a Galicia de obras como en Apocalipse Z.

Quería escribir un thriller, pero non vou ambientalo nun bosque de Albany se podo facelo nun bosque galego. Temos unha tradición cultural poderosa. Temos as crenzas nos trasnos e nas meigas. Quería facer viaxar á xente.

Estamos afeitos a esa Galicia, pero fascina fóra.

Témolo tan incorporado que non nos sorprende. No século XXI mantemos unha parte tradicional vencellada ás raíces. Non ves A Compaña, pero tes referencias culturais que están aí. A xente vai a Santo André de Teixido. Temos tradicións culturais moi fondas.

O centro da obra é un neno enfermo de cancro.

Tiña claro que o neno era o eixo fundamental da novela. Raquel está nunha situación tan extrema que se agarra a un salvavidas furado. En Galicia temos unha relación especial coa morte. En Ribarteme hai persoas que se meten en cadaleitos para ir en procesión, e temos os cemiterios pegados ás casas e iso non pasa en ningún lugar do mundo. Hai unha conexión cultural reforzada coa conta atrás dun rapaz. Se Raquel non resolve o crime, o fillo morrerá.

Os dous sentimentos fundamentais de La Puerta son o amor e o egoísmo. Raquel sacrifícase por amor e sacrifica por egoísmo.

A novela escapa de brancos e negros. Os personaxes do Seixo teñen motivos para facer o que fan, incluso o malvado ten unha xustificación moral. Salvan o ben maior, que é a humanidade.

Raquel vén de fóra de Galicia, pero acaba inmersa.

Renuncia ao que era para ser outra persoa. Fai o camiño do heroe. Hai unha renuncia ao pasado e empeza unha nova vida en Galicia.

O camiño do heroe e o traidor.

É unha muller de ciencia que se dá de conta de que, para resolver o crime, ten que pasar por el.

Loureiro: "En A Porta do Alén se pasa dende o lado dos vivos ao...
Comentarios