Pía Piadosa abre unha mostra na Solaina de Lugo na que se declara "a tope con la lágrima"

"Soy una llorica, tanto para la alegría como para la tristeza; así que acabé por asumirlo", afirma a lucense
Pía Piadosa, na galería Solaina de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Pía Piadosa, na galería Solaina de Lugo. SEBAS SENANDE

A artista lucense Pía Piadosa séntese conectada coas pingas de auga, tanto coas que brotan do borde interno dos ollos como das que caen do ceo. "Soy una llorica, tanto para la alegría como para la tristeza; así que acabé por asumirlo y estoy a tope con la lágrima".

Ese elemento é o protagonista de A feira das bágoas, que dá unidade a unha decena de pinturas, gravados e cerámicas, baixo a idea que falar "de los cuidados en las relaciones personales". Poden verse na galería A Solaina de Lugo ata o día 5 de xaneiro.

As bágoas son pébidas incoloras, pero Pía Piadosa enche as súas de colores vivas. A creadora lucense atribúe esa inclinación cromática a que foi estudar Belas Artes a Barcelona, "donde empezó mi veranillo" e estivo vivindo cinco anos en Panamá, "donde estaba mi verano".

"Estoy muy contenta viviendo en Lugo, pero no acabo de acostumbrarme otra vez al invierno; así que los colores vivos son una forma de mantenerme unida a Panamá", indica.

Comentarios